Trabada, 3 de novembro de 2025. O Concello de Trabada informa de que o Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) vén de abrir o prazo para que persoas pensionistas poidan solicitar prazas dentro do Programa de Termalismo Social para o ano 2026.
Poderán participar neste programa aquelas persoas que cumpran algún destes requisitos:
– Pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente do Sistema da Seguridade Social español.
– Pensionistas de viuvez con 55 ou máis anos.
– Pensionistas doutros conceptos ou persoas perceptoras de prestacións ou subsidios de desemprego, con 60 ou máis anos.
– Asegurados ou beneficiarios do Sistema da Seguridade Social con 65 ou máis anos.
Prazos de presentación de solicitudes
Para participar no proceso de adxudicación de praza:
– Para quendas de febreiro a agosto: ata o 4 de decembro de 2025.
– Para quendas de setembro a decembro: ata o 15 de maio de 2026.
Para a inclusión na lista de espera (para cubrir prazas vacantes):
– Para quendas de febreiro a agosto: ata o 14 de maio de 2026.
– Para quendas de setembro a decembro: ata o 15 de outubro de 2026.
Desde o Concello de Trabada anímase ás persoas interesadas a solicitar máis información e, no caso de precisalo, pedir axuda na tramitación das solicitudes nas oficinas municipais, onde se prestará apoio para facilitar o proceso.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



