Antonio Ameijide explica que “mentres PSOE e BNG afirman que os convenios non están para realizar obras nos municipios, que para iso está o Plan Deputación” a realidade amosa que “seguen a financiar cada venres en xunta de goberno actuacións e traballos en concellos das súas cores políticas” negando estas oportunidades a máis da metade dos municipios da provincia, os gobernados polo PP
Lugo, 4 de novembro de 2025. Os deputados Grupo Provincial Popular seguen a denunciar “a falta de igualdade e a arbitrariedade” coa que PSOE e BNG empregan os cartos da Deputación “de todos os lucenses” para axudar “unicamente aos concellos dos seus ‘amiguetes’, aqueles gobernados polas súas mesmas cores políticas”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, explica que o pasado venres tivemos coñecemento doutro exemplo desta forma de actuar cun convenio interadministrativo de cooperación entre a Deputación e o Concello de Ribeira de Piquín para colaborar no financiamento dos gastos derivados da execución da actuación ‘Adecuación de edificios municipais para prestación de servizos básicos’ no concello de Ribeira de Piquín, por un importe de 266.812,03 €, un municipio no que José Tomé xa financia un sobresoldo de 20.000€ para o alcalde.
Antonio Ameijide incide na idea de que José Tomé “creou un Plan Deputación B no que unicamente colabora con alcaldes socialistas, cunha cota para manterse na presidencia da Deputación” polo que “de non cumprir terá imposible manterse tanto na presidencia da Deputación como na secretaría xeral do seu partido”.
O voceiro popular explica que con esta “forma de traballar” imposta por José Tomé o que están a facer PSOE e BNG “é dinamitar a igualdade de oportunidades” para os lucenses xa que “mentres ao Concello de Paradela lle negan a sinatura dun convenio para arranxar o acceso a varios núcleos de poboación, ao Concello de Pedrafita do Cebreiro lle dan 249.000€ para arranxar varías rúas do municipio”.
Neste senso, Ameijide denuncia que “no último pleno tivemos que escoitar como PSOE e BNG defenderon que os convenios non estaban para realizar obras xa que para iso está o Plan Deputación” pero “a realidade amosa como negan a colaboración, de forma sistemática, a todos os concellos gobernados polo PP”.
O voceiro popular aproveita para recordar que “unicamente son os concellos gobernados por PSOE e BNG” os que se benefician dos convenios aprobados cada venres en xunta de goberno (que a estas alturas de ano xa superan os 10M€) xa que “non hai nin un € para máis da metade dos municipios da provincia, xustamente aqueles gobernados por alcaldes do Partido Popular”. “José Tomé non para de reclamar igualdade, unha igualdade que el mesmo quere demostrar que só é para os alcaldes do PSOE”, criticou.
Antonio Ameijide recorda que “non criticamos que se colabore con concellos gobernados por PSOE e BNG, senón que o que criticamos é que só se colabore con eses municipios porque todos os concellos necesitan deses fondos”. “O sectarismo do que José Tomé fai gala cada día é o que o levará a afundirse aínda máis porque as vontades que se compran non duran no tempo, os mercenarios marchan cando se acaban os cartos”, sentenciou.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



