Foz, 7 de novembro de 2025. O Concello de Foz abriu ao tráfico esta semana unha nova vía nas Lagoas (As Torres), no que investiu case 68.000 euros procedentes do Plan Deputación 2024. A nova rúa, que se asenta sobre un camiño público existente e terreos cedidos ao Concello, serve de saída ao estacionamento das Torres e conta tamén cunha ampla zona peonil. “Esta era unha zona sen iluminación, chea de lixo e sucidade. Agora abrimos un amplo paso peonil, ben iluminado, que conecta coa senda peonil á praia de Llas. É unha rúa de sentido único, que facilita o acceso ás vivendas da zona e unha saída máis cómoda para os vehículos que estacionan nas Torres. Cremos que é unha mellora moi importante para os veciños da zona”, indica o alcalde, Fran Cajoto.
O Concello de Foz tamén reabriu ao tráfico a rúa Alfonso X, que mudou de sentido de circulación, e renovou o firme en Alfredo Brañas. “Investimos 100.000 euros grazas a un convenio coa Deputación de Lugo na mellora do firme de Alfredo Brañas e na renovación completa de Alfonso X, con nova rede de pluviais, fecais e abastecemento. Actuamos no importante: no que se ve, pero tamén no que non se ve. Quero felicitar á construtora pola axilidade e a boa execución dos traballos”, destaca o rexedor municipal.
Novas contratacións
Ademais Concello de Foz está a rematar a contratación da renovación de distintos viais, con cargo ao Plan Deputación 2025. Do proceso de licitación aberto a empresa mellor valorada resultou OVISA Pavimentos y Obras SLU, cunha oferta de 373.815 euros. O proxecto comprende a mellora de accesos ao IES de Foz, por 117.000 euros; a mellora de firme na Rúa do Mar e a renovación de Jesús Nazareno, por 121.000 euros; a renovación de abastecemento en Alfredo Brañas; e por un importe de 105.000 euros a mellora da rúa Concello de Cervo, con nova rede de pluviais e fecais.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



