Ribadeo, 12 de novembro de 2025. Do 13 ao 16 de novembro terán lugar unhas xornadas arredor da Ría de Ribadeo, que están organizadas polo Concello. Haberá charlas, mesas redondas, visitas guiadas e degustacións gastronómicas.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, indicou que “as xornadas sobre a ría de Ribadeo, enmarcadas en Ribadeo cara o mar, terán lugar do 13 ao 16 de novembro. Son unhas xornadas que en 4 días terán moitas visitas guiadas, serán moi dinámicas e tamén terán en cada día unha sesión que nos propoña unha reflexión sobre a ría”.
A edil relatou que “o primeiro día, o xoves, comezaremos ás catro da tarde cunha xeoruta de Porcillán a Rocas Brancas. Ás seis da tarde no Salón dos Alcaldes, os rexedores dos Concellos da Veiga, Ribadeo e Castropol van reflexionar sobre a ría como espazo social, identidade compartida por estes tres territorios. O venres comezaremos ás once cunha visita guiada no porto pesqueiro. Às doce haberá unha xeoruta, neste caso iremos de Porcillán ás Aceas. Ás catro e media faremos unha visita guiada pola ruta comercial do Ribadeo ilustrado. E ás cinco e media da tarde, neste caso na biblioteca municipal, teremos a segunda sesión de reflexión: a ría de Ribadeo e o seu patrimonio cultural subacubático, que será impartida por Miguel San Clodio”.
Sanjurjo contou que “o sábado 15 comezaremos ás once da mañá cun avistamento de aves, ás catro e media unha visita guiada ao Ribadeo Indiano, ás cinco media a sesión terceira será sobre a ría como ecosistema vivo, con preservación e biodiversidade, impartida neste caso no Salón dos Alcaldes por Dani Prieto e remataremos este dia cunha degustación gastronómica. O domingo ás dez e media da mañá daremos un paseo un barco pola ría e unha visita guiada, ás doce da mañá cuarta sesión, que será unha mesa redonda sobre os retos de futuro, economía azul e turismo sostible na ría de Ribadeo. Participarán a Mancomunidade de Concellos da Mariña, a Xunta de Galicia e Club Náutico de Ribadeo. A sesión será neste último espazo, no Club Náutico. Remataremos estas xornadas cunha degustación gastronómica e con amenización musical, non mesmo Club Náutico”.
A concelleira de Cultura dixo que “é unha actividade gratuíta para a que podemos inscribirnos en turismoribadeo.gal ata completar a cabida, que é de 50 prazas. Anímovos a todos a participar”.
O alcalde, Dani Vega, tivo palabras de agradecemento para a organización do evento, que pilota a Concellería de Cultura: “eu quero, o primeiro, felicitar a Begoña e aos técnicos municipais da Área de Cultura por facer este tipo de actividades que queren poñer en valor, evidentemente, unha cultura presente, un patrimonio que temos e que debemos explicar, debemos informar e debemos evidentemente coidar entre todos”.
Para o rexedor “saber captar os fondos é moi importante, do GALP, da Xunta de Galicia, que nos converte no Concello que máis fondos europeos e máis fondos do GALP está xestionando. Creo que isto tamén é moi importante. A veces non se di moito, pero creo que hai que resaltalo”.
Vega indicou que “Ribadeo cara o mar non é máis que unha plataforma que quere poñer en valor todo un patrimonio, un territorio, que hai tres realidades, por iso felicito tamén os alcaldes tanto de Vegadeo como de Castropol que veñan reflexionar a Ribadeo, nesa mesa, nese espazo aberto que quere poñer en valor todo un espazo social que ten unha identidade compartida, qué importante dicir isto, entre tres territorios, pero que nos fai comarca única e creo que debemos seguir traballando nesa liña. Por iso agradezo a Fran e a César que acudan a Ribadeo e traballemos, como sempre, conxuntamente. Haberá visitas guiadas, xeorutas, mesas e espazos abertos que tamén queren falar sobre o patrimonio cultural, o futuro, todo o patrimonio arqueolóxico submarino que temos en Ribadeo, tamén a ría como ecosistema vivo, a conservación, a biodiversidade, todos estes espazos de reflexión, de debate, de explicación técnica, eu creo que é moi importante que se poñan en valor e que se expliquen a través dunhas xornadas como son xornadas Ribadeo cara o mar”.
O alcalde engadiu: “tamén vai ver unha mesa de análise e de traballar conxuntamente as administracións no futuro. A mesa redonda Os retos do futuro, o ecosistema e a economía azul, o turismo sostible, a ría de Ribadeo como elemento dinamizador, creo que é significativo que Ribadeo está mandando unha mensaxe dun turismo de calidade, sostible e convivindo co noso medio ambiente. Felicitar todo este traballo tan importante que debemos poñer en valor e o Concello de Ribadeo ten que seguir xestionando orzamentos para facer actividade cultural e tamén para conservar todo un legado histórico de patrimonio arquitectónico da nosa ría, que é unha ría compartida, unha ría que convive dentro de tres realidades, pero dun territorio único e que sigue avanzando”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



