As producións de mel locais son as protagonistas da feira, que se celebra o 16 de novembro no Viveiró
Muras, 14 de novembro de 2025. Muras celebra esta fin de semana a Feira do Mel de Montaña, un evento centrado na promoción da calidade das producións locais que chega este ano á décima edición.
O deputado de Rural Daniel García e o alcalde de Muras Manuel Requeijo, acompañados polas concelleiras Paula Gómez e Azucena Camba e polos responsables da Casa do Mel de Goente Isabel Goti e Manuel Ferreira, presentaron o evento, organizada polo Concello de Muras coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A feira, que se celebrará na Praza do Viveiró, contará con máis dunha vintena de postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles sete postos de apicultores e apicultoras de Muras e da contorna.
Manuel Requeijo valorou a década de traxectoria do evento “ que naceu como unha proposta para dinamizar esta zona do concello e que se consolidou como unha feira de referencia para as producións locais e para o sector” e encadrou a organización “nas iniciativas que desenvolvemos desde o goberno municipal para apoiar o noso sector primario”
Daniel García destacou “a importancia destas iniciativas de promoción e comercialización directa que apoian a produción de alimentos de proximidade e a diversificación produtiva no sector primario, neste caso, unha actividade como a apicultura que xenera rendas complementarias para as persoas que viven no rural e contribúe ao mantemento do medio natural”.
A feira compleméntase cun programa lúdico cunha demostración de cociña -a cargo de Cristina Tizón- , un obradoiro de cociña infantil, un magosto popular e animación musical e espectáculos infantís no recinto durante toda a xornada.
Ademais, na véspera da feira, celébrase unha xornada técnica cunha cata de mel na que poden participar as producións agrícolas do concello e na que se recoñecen os dous mellores meles de montaña e o mellor mel monofloral de breixo.
Sábado 15 de novembro
17.00 horas
IX Cata de Mel de Montaña
19:30 horas
Charla a cargo de Miguel Alonso Castro. Veterinario da Asociación Leonesa de Apicultores: “Dinámica poboacional no control da varroa”
21.00 horas
Degustación de liscos, chourizos e pan
21.30 horas
Cantos de Taberna con Fol do Raxal, Airiños do Eume e Os Feroces da Galgueira
Domingo 16 de novembro
10.00 horas
Apertura da Feira do Mel de Montaña
12.00 horas
Actuación de No Cómbaro, música e canto tradicional
12.30 horas
Showcooking a cargo da cociñeira Cristina Tizón, de Catering Ferrolterra
15.30 horas
Showcooking infantil
16.00 horas
Magosto popular
17:00 horas
Actuación da Banda Municipal de Vilalba
18.00 horas
Entrega de premios e peche de feira
Ao longo de toda a xornada haberá animación con Zancos e Cantares de Cego a cargo de Títeres Alakran






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



