O proxecto «Formación Praceiros/as 2025» desenvolveuse onte e nel deuse a coñecer o plan de reforma do espazo
Viveiro, 11 de novembro de 2025. O Concello de Viveiro segue avanzando cara a rehabilitación integral da Praza de Abastos, un proxecto que o actual goberno local considera prioritario. A alcaldesa Mariña Gueimunde explicou que «xa cando estabamos na oposición tiñamos claro que a Praza de Abastos é un enclave fundamental non só para o comercio de proximidade e o produto típico, senón tamén para o turismo».
Onte presentouse na Casa do Concello o programa «Formación Praceiros/as 2025», no que se deu a coñecer o proxecto de reforma e se abordaron temas como as novas tendencias de consumo, a mellora dos servizos aos clientes e o asesoramento individual ao sector. Neste contexto, o Concello salientou que se atopa na segunda fase do proceso, centrada na redacción do proxecto, despois de realizar un diagnóstico da situación actual.
Mariña Gueimunde subliñou que «estamos elaborando o proxecto sempre en comunión cos praceiros e praceiras, que son quen mellor coñecen o día a día e as necesidades do espazo». Engadiu que se trata dun proxecto «consensuado e necesario, que vai potenciar o noso patrimonio e mellorar a actividade económica da Praza». Tamén avanzou que o goberno municipal traballa xa para solicitar a subvención que permita executar as obras e incluílas nos próximos orzamentos municipais.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



