Xove, 11 de novembro, 2025. Éste luns recepcionouse a obra de pavimentación e mellora do vial que vai de Xove ao Portiño de Morás, concretamente a estrada LU-P- 2601 ao seu paso por Sumoas.
Esta obra foi realizada ao abeiro do Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo de 2024. O importe total da obra ascendeu a 145.628,33 euros e contouse cunha axuda da Deputación de 94.726,89 €. A cantidade restante correu a cargo das arcas municipais. As obras consistiron nunha capa de aglomerado en quente que fai un firme consistente de reforzo do xa existente e a maiores a ampliación e mellora dunha zona de paso estreito que había en Sumoas, xusto nun treito moi angosto entre casa,s concretamente no lugar de Poceiras.
A obra levouse a cabo coa empresa Construcciones y Canalizaciones José Saa S.L.
Este ancheamento do vial complementouse cun muro de contención conseguindo deste xeito liberar un punto negro de tráfico e dándolle máis seguridade ó vial tanto para o abundante tráfico que o frecuenta como aos veciños da zona, que a maiores poden disfrutar pola marxe dun sendeiro que facilita a circulación a pé dos usuarios na ruta dende o pobo de Xove ata as inmediacións da igrexa de Sumoas.
Con este acondicionamento os 2 kilómetros dende Xove a Sumoas da estrada LU-P-2601 quedan nun bon estado, fundamental para a seguridade vial, posto que deste xeito redúcese o risco de accidentes e mellora a seguridade de conductores e peóns.
Ademáis deste xeito vaise facilitar a movilidade e o transporte; de aí tamén a importancia que lle dá o concello a realizar un mantemento regular das estradas.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



