A intervención incluíu a substitución de 123 luminarias por tecnoloxía LED, o mostreo de 30 brazos e a adecuación de cadros eléctricos
Vilalba, 14 de novembro de 2025. O Concello de Vilalba vén de finalizar as actuacións enmarcadas no proxecto de aforro e eficiencia enerxética do alumeado público do polígono industrial Sete Pontes, unha intervención que supón un salto cualitativo na iluminación e no consumo enerxético desta área empresarial.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, destacou que “seguimos cumprindo cos compromisos asumidos cos empresarios do polígono, mellorando as dotacións públicas e adaptando o parque ás necesidades actuais dun sector produtivo que é clave para Vilalba”.
As actuacións consistiron na substitución de 123 luminarias por novos focos de tecnoloxía LED, no mostreo de 30 brazos e na correspondente adecuación dos cadros de alumeado público. Unha intervención que permitirá incrementar o grao de iluminación do parque empresarial e, ao mesmo tempo, reducir de maneira significativa o consumo enerxético, xerando un aforro económico directo para as arcas municipais.
Esta mellora súmase á recente rexeneración do firme nas rúas do Acivro, Salgueiro e Castiñeiro, nas que tamén se actuou sobre a sinalización horizontal e vertical e se instalaron novas arquetas para a recollida de augas pluviais.
Con estas intervencións, o goberno municipal continúa avanzando no plan de modernización das infraestruturas públicas do polígono industrial Sete Pontes, reforzando o compromiso adquirido coa Asociación de Empresarios para mellorar as condicións dun parque empresarial fundamental para o emprego e o desenvolvemento económico de Vilalba.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



