Viveiro, 15 de novembro, 2025. O grupo municipal socialista de Viveiro sae ao paso das declaracións realizadas pola alcaldesa, Mariña Gueimunde, nas que asegura que o Concello destinará “máis de 325.000 €” ás subvencións nominativas de 2025.
“Esta cifra non se axusta á realidade. Segundo os anexos oficiais de subvencións nominativas dos orzamentos municipais de 2025, as axudas totais ascenden a 221.700 €, unha cantidade inferior en 9.150 € respecto ás de 2024 (extrapolando só as correspondentes a ese exercicio, xa que no anexo de 2024 figuraban conxuntamente as de 2023)”.
“Polo tanto, a suma total das achegas concedidas ás entidades culturais, deportivas, sociais e comerciais non supera os 221.700 €, moi por debaixo dos 325.000 € anunciados pola rexedora, dende fai varias semanas asinado e anunciando os convenios cos clubes”.
O cadro comparativo elaborado polo grupo socialista “evidencia numerosos recortes respecto ao exercicio anterior”:
Redúcense as contías para entidades culturais como Bagoas da Terra (-3.000 €) ou Asociación Proa (-500 €).
O Club de Remo de Celeiro perde 2.500 €, e desaparecen por completo as axudas para clubs como, Cabaleiros do Landro ou Celeiro Clube do Mar de Fútbol.
Tamén se eliminan as achegas destinadas aos clubs de buceo, pádel e bádminton, así como ás persoas deportistas que participan en competicións de rallies.
Auméntase en 1.000 € a achega ao Seminario de Estudos Terra de Viveiro e 2.000 € ao Viveiro C.F.
Inclúense 20.000 € para as Festas do Naseiro, xa que a axuda correspondente a 2024 non puido incorporarse ao orzamento aprobado con anterioridade, quedando consignada antes da moción de censura.
“Resulta, polo tanto, incomprensible que o goberno local fale de reforzar o apoio ás entidades, cando os datos oficiais amosan o contrario: menos axudas e menor dotación económica que en 2024”.
Desde o PSOE de Viveiro “esiximos transparencia e rigor na comunicación institucional, así como responsabilidade política por parte do goberno local, que debe deixar de manipular as cifras e ofrecer á cidadanía información veraz sobre o destino dos fondos públicos.
O noso grupo continuará fiscalizando a acción do executivo e defendendo un modelo de apoio real, transparente e equitativo ás entidades que manteñen viva a actividade social, cultural e deportiva do noso concello”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



