Xove, 22 de novembro de 2025. O PSdeG-PSOE de Xove celebra a aprobación, por parte da Deputación de Lugo, da licitación das obras de mellora nas estradas provinciais do municipio, un avance que marca o inicio da renovación viaria máis importante en vinte anos e que responde ao traballo e ás xestións impulsadas pola agrupación socialista para poñer fin ao abandono das vías que conectan as parroquias do rural.
A formación socialista destaca que a licitación de máis de 818.000 euros aprobada este venres en Xunta de Goberno permite activar os primeiros proxectos previstos no convenio asinado entre o Concello e a Deputación, un acordo que o PSdeG de Xove contribuíu a desbloquear e facer realidade.
As actuacións mellorarán estradas fundamentais para o día a día de centos de veciñas e veciños, garantindo unha renovación integral do firme, a reapertura de cunetas e unha sinalización adecuada, algo que “non sucedía desde hai dúas décadas”.
“Durante vinte anos non se fixo nada. Só houbo escusas, atraso tras atraso e un mirar para outro lado constante por parte do goberno local. Hoxe vemos que, cando se traballa con rigor e vontade política, as melloras chegan e comezan a ser visibles”, afirman dende a agrupación.
“Estamos demostrando que a política útil existe. Fixemos o que dixemos que iamos facer: defender unhas estradas do século XXI para Xove e poñer enriba da mesa as necesidades reais das nosas parroquias”, subliñan.
Desde o PSdeG-PSOE de Xove lembran que este convenio inclúe compromisos específicos por parte do alcalde, quen debe asumir a mellora de varias estradas municipais -como as de O Cruceiro a Portocelo ou a de Farileo a Morás- para garantir que o esforzo da Deputación se corresponda cunha actuación seria e responsable por parte do goberno local. “Agardamos que o alcalde cumpra. A veciñanza merece reciprocidade, seriedade e feitos, non fotos e promesas baleiras”, apuntan.
A agrupación socialista agradece á Deputación de Lugo a súa colaboración e o compromiso demostrado con Xove, unha aposta que, destacan, “demostra que cando se traballa pensando na veciñanza non hai cores políticas, só vontade de avanzar”.
Desde o PSdeG-PSOE de Xove subliñan que este impulso permitirá dotar ao rural de estradas dignas e seguras, e reiteran que o PSdeG de Xove seguirá defendendo todos aqueles proxectos que contribúan a mellorar a vida das persoas que viven no concello.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



