O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, a parcela municipal, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga
Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2025. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co secretario xeral da Consellería, Yago Borrajo, vén de asinar co alcalde do Valadouro, José Manuel Lamela Piñeiro, o convenio enmarcado no Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida neste municipio. Na sinatura do convenio tamén estivo o director territorial da Consellería en Lugo, Marco Antonio Fernández Piñeiro.
A través deste convenio, asinado en San Caetano, a Xunta pon a disposición do Concello do Valadouro esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, unha parcela de 2.010,88 m² da súa titularidade, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga, para a construción de polo menos 44 vivendas protexidas.
Así, o departamento que dirixe M. Allegue, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), sacará a concurso público en réxime de libre concorrencia esta parcela de titularidade municipal para a construción de fogares protexidos que poderían ser tanto en réxime de alugueiro como de venda. Ademais, deste xeito, facilitarase a información aos promotores, cooperativas e á cidadanía, en xeral, sobre os solos dispoñibles.
O IGVS tamén se encargará da publicación do solo dispoñible, a redacción dos pregos de bases, os anuncios de licitación, a mesa de contratación e a valoración técnica das ofertas, de maneira que os concellos unicamente terán que remitir ao IGVS a información sobre as parcelas a adxudicar e ditar a resolución de adxudicación, ademais de participar na mesa de contratación.
M. Allegue fixo fincapé na importancia desta colaboración cos concellos, sendo este novo convenio co Concello lucense de Valadouro o quinto que se asina en Galicia, tras o rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez, da Arnoia, de Friol e de Valdoviño.
Este novo programa está a suscitar o interese de máis administracións locais, coas que a Xunta xa se están a manter contactos, e a conselleira recordou que o prazo par adherirse a este programa permanecerá aberto indefinidamente.





















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



