Ás 18:00 horas Os Bolechas actuarán nun espectáculo para todos os públicos programado na Casa dá Cultura
Cariño, 27 de novembro, 2025. O Concello de Cariño presenta para esta fin de semana unha dobre cita que combina o entretemento familiar coa sensibilización en materia de saúde. Este sábado, 29 de novembro, o municipio do Ortegal acollerá dúas actividades abertas ao público e dirixidas a todos os veciños e veciñas.
Por unha banda, ás 16:00 horas, o Local Social será o escenario dunha charla informativa sobre a prevención do cancro de mama, organizada por ADICAM coa colaboración do Concello de Cariño e da Asociación Cultural O Peiral Cariño.
Enmarcada na campaña ‘Apálpate’, a sesión abordará a importancia da detección precoz, os hábitos de vida saudables e a autoexploración como ferramenta fundamental para a prevención. A charla está aberta a todas as persoas interesadas.
Doutra banda, a partir das 18:00 horas, a Casa dá Cultura de Cariño acollerá o espectáculo ‘A muller orquestra’ de Os Bolechas, unha proposta cargada de música, humor e diversión pensada para gozar en familia.
A actividade, con entrada libre e gratuíta, forma parte do programa FalaRedes, impulsado pola Xunta de Galicia para fomentar o uso do galego entre a mocidade.


























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



