Os socialistas critican a “obsesión” do alcalde coa Deputación de Lugo, maila que investiu máis de 700.000 euros no concello en 2025
O Vicedo, 27 de novembro de 2025. O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE do Vicedo denuncia que o pleno celebrado onte volveu evidenciar a forma de gobernar do alcalde do Vicedo: “Unha actitude autoritaria, unha ausencia total de planificación cara ao ano 2026, e unha constante e improdutiva obsesión coa Deputación de Lugo, mesmo cando é esta institución a que máis está a investir no concello”.
O PSdeG defendeu dúas mocións. A primeira, sobre Palestina, desde unha perspectiva humanitaria e institucional, foi emendada automaticamente polo alcalde, evitando un debate serio e rigoroso.
A segunda moción, destinada a instar á Xunta de Galicia a ter en conta ao Vicedo, reclamaba investimentos, planificación e atención ás necesidades reais do concello. A pesar de que finalmente aceptou instar á Xunta de Galicia, “o alcalde fixo esta aceptación envolta na súa xa coñecida obsesión coa Deputación de Lugo, desviando o foco dunha administración autonómica que apenas investiu no Vicedo en todo o ano 2025. Incluso cando se trata de reclamar ao seu propio partido político, o alcalde insiste en introducir á Deputación no debate, demostrando que a súa fixación pesa máis que a defensa real dos intereses do concello”.
O Grupo Municipal formulou varios rogos orientados a mellorar a xestión diaria: reclamouse información previa das actividades municipais, pediuse aumentar a frecuencia da recollida de enseres e solicitouse que os bandos municipais se publiquen tamén na sede electrónica.
Durante as preguntas, “quedou clara a falta absoluta de coordinación e control do goberno local. O alcalde non foi capaz de explicar ningunha actuación prevista para 2026, non deu respostas sobre o lavado dos contedores prometido, non detallou os criterios do anclaxe dos mesmos e evitou aclarar cal será a regulación das Vivendas de Uso Turístico. Chegou mesmo a non saber enumerar correctamente as parroquias do Vicedo, algo preocupante en quen debe tomar decisións sobre obras, investimentos e servizos en todo o municipio”.
Especial preocupación xerou a Modificación de Crédito, por máis de 300.000 euros, na que o alcalde “recoñeceu que non solicitou ningunha subvención para ningunha das actuacións, financiando todo con fondos propios procedentes do remanente de tesourería. A única excepción foi a Escola do Vilar, incluída tras serlle denegada a axuda solicitada á Xunta de Galicia”. Para o PSdeG, isto confirma un modelo de xestión sen planificación, sen previsión e sen aproveitar recursos externos.
“O noso concello merece un equipo de goberno centrado no Vicedo, na súa xente e nas súas necesidades reais; un goberno que planifique, que escoite, que revise a documentación que firma e que actúe con responsabilidade e respecto institucional polo futuro do municipio”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



