As obras fináncianse co convenio logrado pola Alcaldía coa Deputación de Lugo, que achegará un total de case 263.000 euros para mellorar o centro urbano a través de varias actuacións
Vilalba, 27 de novembro de 2025. O Concello de Vilalba vén de adxudicar á empresa Calfensa Proyectos S.L. o proxecto de remodelación integral do parque infantil de Rosalía de Castro, unha actuación que dará resposta á necesidade urxente de rehabilitar este espazo moi deteriorado e de recuperar para a veciñanza unha área de lecer segura e adaptada ás necesidades actuais.
A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, explicou que “este proxecto non só permitirá renovar un parque moi demandado polas familias, senón que recuperará un espazo público clave, ofrecendo un entorno moderno e pensado para o benestar dos máis pequenos”.
A intervención inclúe a instalación dun novo parque infantil composto por pavimento de caucho continuo de dobre capa, cunha superficie de 100 m² e un recinto delimitado cun valo de madeira.
Ademais, contará cunha casiña de xogos para nenos e nenas a partir de 9 meses, así como cun xogo múltiple con tobogán, randeeira e redes, recomendado para nenos e nenas a partir dos 3 anos.
Previamente, levarase a cabo a retirada das estruturas actuais —tanto xogos como valado e pavimento— debido ao seu avanzado estado de deterioración.
A rexedora destacou tamén que “esta actuación amplía o abanico de instalacións de lecer para a infancia, que merece contornos de xogo coidados e seguros”. Engadiu ademais que “os parques son puntos de encontro fundamentais para as familias, por iso seguimos apostando por remodelar e actualizar espazos públicos que levan anos esperando unha mellora”.
O prazo de execución das obras será de dous meses desde o seu inicio. O proxecto finánciase integramente a través do convenio impulsado pola Alcaldía coa Deputación de Lugo, que achega preto de 263.000 euros para desenvolver diversas intervencións destinadas a renovar e mellorar a imaxe do centro urbano da capital chairega.
A alcaldesa, Marta Rouco, concluíu que “estas actuacións forman parte dun plan máis amplo co que queremos transformar pouco a pouco o noso casco urbano, facéndoo máis amable, accesible e pensado para o uso e desfrute da veciñanza”.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



