Barreiros, 28 de novembro de 2025. O Concello de Barreiros acollerá o vindeiro martes, 3 de decembro, o stand “Un mar de diversidade II”, unha proposta aberta á comunidade que invita á veciñanza a reflexionar sobre a diversidade e sobre a necesidade de avanzar cara a contornas máis accesibles.
O stand forma parte do proxecto educativo Un mar de diversidade, impulsado pola Asociación Guillem Veiga Iglesias, que nos últimos dous anos percorreu centros educativos da Mariña Lucense co obxectivo de fomentar o respecto, a empatía e o valor da diversidade desde idades temperás. Esta iniciativa puido desenvolverse grazas ao apoio do programa FEMPA da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través do GALP A Mariña-Ortegal.
Nesta nova etapa, o proxecto da un paso máis e abre as súas portas á comunidade, saíndo a rúa e convidando a toda a veciñanza a mergullarse neste mar cheo de experiencias que favorecen a empatía, a reflexión e a defensa dos dereitos das persoas con discapacidade.
O stand “Un mar de diversidade II” ofrecerá unha serie de pequenas experiencias interactivas, nas que as persoas visitantes poderán achegarse ao concepto de diversidade e experimentar, en primeira persoa, algunhas das dificultades as que se enfrontan as persoas con discapacidade no seu día a día. A través destas dinámicas, preténdese poñer en valor as capacidades de todas as persoas, reflexionar sobre as barreiras que seguen existindo nas contornas e sensibilizar sobre a necesidade de espazos máis inclusivos que garantan a participación de todas as persoas.
Esta proposta representa unha pequena mostra do Obradoiro que a Asociación Guillem Veiga Iglesias desenvolve nos colexios da Mariña, onde nenas e nenos se mergullan nun mar simbólico que lles permite descubrir que a riqueza está nas diferenzas.
Dende o Concello de Barreiros convidan a somerxerse neste mar que nos ofrece unha travesía pola empatía, o respecto e a inclusión.
Data: 3 de decembro
Lugar: Concello de Barreiros
Horario: 10:30 – 13:30






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



