Quede claro dende o primeiro momento que 1: Ese ‘alguén’ son eu, que me considero (no título) ‘de onte’ por ser abondo máis vello non só que a normativa do galego, senón que a maioría da poboación actual de Galicia (segundo o Instituto Galego de Estatística, son máis vello que 3 de cada 4 galegos). 2: Que non me considero gran coñecedor do galego, aínda que sexa tamén meu, o use en consecuencia e teña un certo interese en coñecelo máis.
Dito o anterior, por que estou a escribir sobre o tema? Pois porque hai tempo, chámanme a atención a normativa e os cambios sufridos dende o 83, ano no que se realizou a norma que supuxo unha discriminación positiva desde as institucións para tentar unificar o galego (aconsello consultar a Galipedia para ir máis ó profundo no tema, https://gl.wikipedia.org/wiki/Normativa_oficial_do_galego). Pero, sobre todo, porque hai menos dun ano tiven a ocasión de asistir a unhas xornadas organizadas por Wikimedia Portugal, onde se trataron diversos temas relacionados con linguas minoritarias, e lembrei esta mesma mañá lendo unha entrevista no xornal.
Ben, e que quero sinalar como visto por min, naquelas xornadas? Seguro que a moita xente non se lle ven de novas, senón que o tiña xa integrado nos seus miolos hai tempo. Pero non eu, por iso, aí vai. O caso é que naquela xuntanza houbo unha especie de ‘carta de presentación’ na Wikipedia do mirandés, unha lingua con moi poucos falantes (uns 1500 no día a día) e moi deturpada usada na zona de Miranda do Douro, unha vila portuguesa limítrofe con Zamora. Alí souben que a normativa (recente aínda, do 1999, o mesmo ano que o recoñecemento oficial do mirandés polo estado portugués) sufriu cambios por riba do previsto inicialmente. A normativa do mirandés, emparentado co astur-leonés, recollía nun primeiro borrador semellanzas coa aplicada no castelán, e, política por medio, foi achegada na versión final á normativa lingüística portuguesa. De aí, a lembrar o sucedido coa normativa do galego só hai un paso: diríase haber un espello entre ambos casos. Unha reflexión que pon de manifesto que o achegamento á normativa dunha lingua máis próxima (no noso caso, o portugués, no do mirandés, o astur-leonés) é rexeitado para achegarse máis á aplicada por unha lingua máis afastada, pero con poder político sobre o territorio (no noso caso, o castelán, no deles, o portugués).
Son consciente que nesta ollada rápida dun profano sobre un aspecto concreto da normativa, a súa historia, faltan totalmente os criterios lingüísticos que estimo deben ser os fundamentais nela, e os datos concretos da evolución no tempo, e sobran os criterios subxectivos que deben de estar apartados da súa redacción. Pero, non foi iso exactamente o que parece ter pasado no caso da normativa do mirandés (e do galego)?


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



