Ribadeo, 5 de decembro de 2025. O próximo mércores, 10 de decembro, coincidindo co Día Internacional dos Dereitos Humanos, Ribadeo contará cun espazo especial dedicado á diversidade, á empatía e á inclusión. A Asociación Guillem Veiga Iglesias instalará na sala de exposicións do Campo o stand Un Mar de Diversidade II, unha proposta aberta para que a cidadanía poida reflexionar e experimentar sobre como se constrúe unha sociedade máis xusta e accesible para todas as persoas.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explica que “ao longo da mañá, quen se achegue poderá participar en experiencias interactivas que permiten comprender as barreiras que moitas persoas atopan no seu día a día e, ao mesmo tempo, descubrir a importancia de recoñecer e respectar as diferentes maneiras de ser, comunicarse e participar”.
Este stand forma parte do proxecto educativo Un Mar de Diversidade, que leva dous anos traballando nos centros da Mariña Lucense para promover valores como o respecto, a igualdade e a empatía desde as primeiras etapas. A iniciativa conta co apoio do programa FEMPA, a través do GALP A Mariña-Ortegal, e da Consellería do Mar.
A edil ribadense comentou que “este encontro en Ribadeo quere ser unha chamada á responsabilidade colectiva: lembrar que os Dereitos Humanos comezan no cotián, nas actitudes, nos espazos que compartimos e nas oportunidades que garantimos ou negamos. Desde o Concello de Ribadeo queremos animar á veciñanza a participar e a formar parte desta travesía que aposta por unha convivencia baseada no respecto e na dignidade de todas as persoas”.
O espazo dedicado á diversidade estará aberto en horario de 10:30 a 13:30 horas o vindeiro mércores, 10 de decembro, na sala de exposicións do Campo.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



