Ribadeo, 10 de decembro de 2025. Concello de Ribadeo e Acisa animan a participar e a colaborar coa Cabalgata de Reis.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, sinalou que “este ano o Concello é o encargado de organizar a Cabalgata de Reis e desde Oriente chegaron algunhas peticións das Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar. Como todos sabemos na tarde noite de cada 5 de xaneiro no seu paseo polas rúas de Ribadeo son acompañados por persoas, que voluntariamente axudan coas antorchas ou con outras tarefas propias dos paxes. E nesta ocasión o que nos piden son persoas adultas para converterse en paxes por unhas horas. Así que desde o Concello facemos un chamamento e animamos a veciños e veciñas a implicarse nunha das celebracións máis especiais do ano, como é a Cabalgata de Reis”.
A edil ribadense agradece “a colaboración de todas as persoas voluntarias que están a traballar con nós nas últimas semanas coa maior das ilusións. Con moitos pequenos graniños de area este ano Melchor, Gaspar e Baltasar lucirán dun xeito especial”.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, lembrou que “desde Acisa estamos a colaborar co Concello de Ribadeo nesta cita cunha achega de mil euros por parte da nosa asociación e recollendo aqueles donativos que a título voluntario as empresas queiran aportar, xa sexan asociadas ou non. O obxectivo é sufragar parte dos gastos que suporá a chegada dos Reis Magos de Oriente a esta vila”. E lembrou que “establecemos un donativo voluntario que oscila entre o 30 e os 100 euros para todas as firmas que queiran colaborar e outro de 200 a 500 euros para aquelas empresas que queiran ser patrocinadoras da Cabalgata de Reis. O prazo para confirmar estas achegas está aberto ata o 15 de decembro en Acisa”. E engadiu: “aqueles negocios que queiran aportar caramelos para a comitiva tamén pode facelo. As Súas Maxestades estarán encantadas de repartilos no seu percorrido polas rúas de Ribadeo”.
Concello e Acisa animan “a colaborar coa Cabalgata de Reis. Estamos a falar do día máis importante do ano para todas as nenas e os nenos de Ribadeo, e tamén para o noso comercio”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



