Ribadeo, 10 de decembro de 2025. O Santuario da Nosa Señora das Virtudes, de A Ponte de Arante, acollerá o vindeiro sábado, día 13, o acto conmemorativo do X Aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “este sábado, a partir das 11 e media da mañá, teremos o acto conmemorativo do décimo aniversario da Declaración dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade. O que queremos celebrar é iso mesmo, poñer en valor todo o patrimonio que nos foi entregado e seguir investindo e así mellorando toda esta Declaración como Patrimonio da Humanidade que debemos seguir apostando por ela e poñer en valor e darnos conta que é unha inmensa honra que sexamos declarados como Patrimonio da Humanidade”.
O rexedor dixo: “dez anos de historia, dez anos de avances importantes e significativos despois desta declaración tan importante. O acto comezará a partir das 11 e media da mañá co descubrimento da placa conmemorativa do 10º aniversario dos Camiños do Norte como Patrimonio da Humanidade, a apertura do acto máis institucional correrá a cargo de Begoña Sanjurjo, que é a concelleira de Cultura. Haberá a proxección dun vídeo que quere poñer en valor é o Camiño de Santiago e tamén o Camiño Norte como fonte viva e activa de peregrinos cara Santiago de Compostela e tamén haberá unha quenda de intervencións: don Ángel Trabada, que é o vicepresidente da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, tamén asistirá Don Fernando García Cadiñanos, o Bispo de Mondoñedo, e José Manuel Merelles, que é o director da Axencia de Turismo de Galicia. O acto, digamos, máis intelectual, máis académico, correrá a cargo de Marcelino Agís, que é o presidente da Academia Xacobea, e o que van é a nomear Académico de Honra a Gómez Polín, que é profesor da Universidade de Santiago, e será a partires do sábado académico da Academia Xacobea de Galicia. E poñerá o broche de ouro, o punto final a este acto, a Coral Polifónica de Ribadeo”.
Para Dani Vega: “é un acto moi importante, un acto de nivel e un acto que quere poñer en valor que somos un espazo vivo, activo e un espazo que ten a declaración das máis importantes destes momentos do mundo que é ser declarados Patrimonio da Humanidade”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



