O proxecto aposta pola FP Dual, as visitas a centros, os embarques tutelados e accións de sensibilización para achegar o sector á mocidade
Santiago de Compostela, 10 de decembro do 2025. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, participou na presentación do proxecto Relevo Xeracional: O futuro do mar, unha iniciativa promovida conxuntamente polos oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (Galp) de Galicia e cofinanciada polo fondo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca, e Acuicultura (Fempa), cun investimento total de 145.520 euros.
Durante a súa intervención, a responsable autonómica salientou que este proxecto “pon o foco nun dos grandes desafíos do sector marítimo-pesqueiro: asegurar que haxa novas xeracións preparadas e motivadas para recoller a testemuña”. Subliñou ademais que Galicia “non pode entenderse sen o mar, e por iso é fundamental abrir as portas das lonxas, das empresas e dos barcos á mocidade para mostrarlles que existe un futuro profesional real, digno e con oportunidades”.
O proxecto, coordinado polo Galp Ría de Arousa, reúne por primeira vez os oito grupos nun programa conxunto que inclúe accións informativas e de orientación en centros educativos, visitas e prácticas en empresas e entidades do sector ou actividades de sensibilización como campamentos mariños e materiais audiovisuais. Tamén recolle o Intercambio de experiencias con outras rexións, como o País Vasco, a participación en feiras educativas como Edugal e accións específicas para captar alumnado para a FP Dual vinculada ao mar.
Ángeles V. Suárez destacou esta cooperación como “un exemplo excepcional de unidade e visión compartida”, recoñecendo o esforzo dos Galp, confrarías, entidades sectoriais e centros educativos implicados. Nesta liña, reafirmou o compromiso da Xunta no desenvolvemento de iniciativas que garantan a continuidade do sector. “Non chega con dicirlle á mocidade que hai emprego no mar: hai que mostrarlle que é unha profesión moderna, tecnificada, sostible e con enorme orgullo identitario”.
A directora xeral salientou tamén que o proxecto se enmarca na estratexia autonómica de promoción da FP marítimo-pesqueira, reforzada nos últimos anos coa ampliación da oferta formativa, novas accións de divulgación e o apoio directo ás entidades do sector.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



