Reafirma o apoio do BNG ás mulleres que tiveron a valentía de denunciar unha situación “que nos repugna”
Santiago de Compostela, 11 decembro 2025. A portavoz nacional, Ana Pontón, referiuse desde Vigo á dimisión de José Tomé como presidente da Deputación de Lugo e reiterou que unha persoa acusada de acoso sexual non pode formar parte do Goberno da Deputación, nin seguir á fronte da institución.
A preguntas dos medios logo dunha comparecencia sobre a privatización dos servizos de saúde na área sanitaria de Vigo, Pontón quixo reafirmar en primeiro lugar o apoio do BNG ás mulleres denunciantes.
“As nosas primeiras palabras teñen que ser de solidariedade e de apoio ás mulleres que sufriron unha situación que nos indigna, que nos repugna, unha situación que a calquera persoa lle ten que revolver algo por dentro e, polo tanto, o primeiro é precisamente acompañar ás mulleres que presentan unha denuncia”, remarcou.
Pontón explicou que a posición do Bloque foi moi clara desde o primeiro momento e que non se vai mover “nin un ápice” dela, dado que unha persoa con “acusacións tan graves como é o acoso sexual, non pode estar á fronte” da Deputación de Lugo.
“Cremos que por dignidade, por respecto á política e por respecto á cidadanía, o que tiña que facer era dimitir de todas as súas responsabilidades”, afirmou para indicar a continuación que “o ideal sería que esa persoa que forma parte da dirección do Partido Socialista dimitira de todas as súas responsabilidades e de todos os seus cargos”.
Unha renuncia, aclarou a preguntas das e dos xornalistas, que incluiría a acta de deputado provincial, dado que “sería o mellor para a institución e o mellor para a política”. “Indígnanos que algo así poida pasar, pero creo que o máis terrible é que alguén poida pensar que este tipo de comportamentos é algo que está xeneralizado”, afondou.
“Sempre digo que non todos e todas somos iguais”, remarcou a líder nacionalista, quen subliñou que o BNG “fixo o que tiña que facer” e “actuou con contundencia”. “Estamos do lado das vítimas e este tipo de comportamentos o que non poden é empañar o labor que facemos, un labor moi digno que é representar á cidadanía e ser parte da solución para os problemas que hoxe teñen miles de galegos e de galegas”, afondou.
Preguntada polo posible coñecemento previo no PSdeG dos feitos denunciados, Pontón indicou que esa é unha pregunta que hai que dirixir ao propio PSdeG. “Eu son a portavoz nacional do BNG e o que podo dicir é que nós fixemos o que tiñamos que facer nese momento que era, desde o primeiro minuto, dicir que unha persoa á que se lle fan acusacións tan graves non pode seguir á fronte dos seus cargos e que ten que dimitir”, reiterou. “Nós, desde logo, non iamos compartir goberno cunha persoa con esas acusacións e nesa mesma posición estamos”, concluíu.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



