O Departamento de Cultura xa está anotando aos participantes para o karaoke que se celebrará o vindeiro venres día 26
Xove, 18 de decembro, 2025. Xove acollerá o venres 26 de decembro, ás 21:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes, a XIII edición do seu tradicional Concurso de Karaoke, unha das citas máis destacadas e agardadas dentro da programación cultural do Concello para estas datas de Nadal.
Xa está aberto o prazo de inscrición e, desde a organización, anímase a todas as persoas —profesionais do micrófono ou simples amantes da música— a anotarse para participar. Non importa a idade nin o estilo musical: o importante é pasalo ben e compartir un momento único.
Convertido nunha actividade de grande tradición e arraigamento no municipio, o Karaoke de Nadal de Xove destaca cada ano polo seu éxito de participación e pola crecente afección pola música, con concursantes tanto do propio concello como doutras localidades da contorna. Trátase dunha das propostas máis animadas, festivas e familiares destas datas, reunindo persoas de todas as idades nun ambiente lúdico, participativo e cheo de talento.
Nesta XIII edición, o concurso manterá a súa estrutura habitual con tres categorías —peques, júnior e veteranos— e en cada unha delas entregaranse tres premios: dous á mellor voz e un á mellor caracterización.
En total repartiranse 900 euros en premios, recoñecendo así o esforzo, o talento vocal e a creatividade na posta en escena das persoas participantes.
O Concello de Xove anima a toda a veciñanza e visitantes a gozar dunha noite moi musical, divertida e chea de emoción, que cada ano fai as delicias do público asistente e contribúe a dinamizar a programación cultural do Nadal no municipio.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



