Na iniciativa Galatea, que contou cunha achega económica de 40.000€, incluíronse obradoiros de comunicación, de administración, facturación electrónica, e de fotografía móbil e xestión de redes sociais, entre outras propostas
Lugo, 18 de decembro de 2025. A Asociación de Mulleres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU) celebrou este xoves a xornada de peche coa que pon punto final ao programa Galatea, un proxecto que foi posible grazas á colaboración da Deputación de Lugo, que realizou unha achega económica de 40.000€. O acto que tivo lugar na Praza Maior de Lugo consistiu nunha mostra e sorteo de diferentes produtos a cargo das participantes neste programa.
Galatea é unha iniciativa de asesoramento na que 221 mulleres empresarias e emprendedoras da provincia participaron en diferentes obradoiros cos que puideron adquirir novos coñecementos e habilidades relacionadas co seu desenvolvemento e capacitación profesional. Durante o último trimestre do ano o proxecto incluíu accións formativas relacionadas coa administración e a facturación electrónica, na que as participantes afondaron na nova obrigación legal de facturación dixital, e un encontro coa periodista Mar Castro que lles trasladou as claves sobre comunicación de alto impacto.
A iniciativa incluíu tamén formacións sobre fotografía con dispositivos móbiles e xestión de redes sociais co obxectivo de dar, ás participantes, máis ferramentas para mellorar a comunicación dixital dos seus establecementos.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



