Ribadeo, 30 de decembro de 2025. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo anuncia, que tras pechar o período de recadación de colaboracións para a Cabalgata de Reis, a achega total que se realizará por parte da entidade é de máis de 5.400 euros. Esta cifra irá destinada a sufragar os gastos derivados da organización dunha nova cabalgata, que chegará este ano con numerosas novidades e cambios co obxectivo de mellorar e renovar un evento tan especial coma este. A Cabalgata de Reis está organizada polo Concello de Ribadeo e conta coa colaboración de Acisa.
A presidenta do colectivo, Carmen Cruzado, dixo: “desde a asociación queremos expresar un agradecemento moi sincero a todas estas empresas pola súa xenerosidade e compromiso, demostrando unha vez máis que o comercio, a hostalaría e os servizos de Ribadeo están implicados activamente na vida social e cultural da vila, colaborando en iniciativas que fomentan a ilusión, a participación e o desfrute colectivo. Con esta achega económica poderase mellorar a Cabalgata de Reis, introducindo cambios e novidades que farán desta edición unha cita aínda máis especial para a rapazada e para o conxunto da veciñanza, reafirmando así o compromiso da asociación coa dinamización de Ribadeo e co apoio ás tradicións que forman parte da identidade local”.
Segundo explicou Jesús Pérez, xerente de Acisa, “do total dos máis 5.400 euros da achega económica, 1.000 euros proceden directamente dos orzamentos anuais (do ano 2026) de Acisa Ribadeo, mentres que os restantes corresponden ás achegas realizadas a través dos patrocinios e colaboracións das empresas ribadenses, especialmente das firmas asociadas, que volveron amosar o seu compromiso coa vila e coas actividades dirixidas á veciñanza e, especialmente, á infancia”.
Cruzado Iglesias indicou: “desde Acisa Ribadeo queremos agradecer de maneira moi especial o patrocinio económico das seguintes empresas, sen cuxa implicación non sería posible facer realidade esta nova Cabalgata de Reis: Xoiería Azabache, Centro Dental Pedraza Cotarelo, Bar Queimada, A Horta de San Roque, Gasóleos Abelleira, A Cova, Peluquería Boutique, La Solana e Galipizza. Estes establecementos doaron máis de 200 euros cada un deles para este impórtante evento”.
Pérez Prada engadiu: “e por suposto tamén os colaboradores: A Mariña Asesores, O Indiano Ribadeo, La Coqueta, Linares, Óptica Miró, Ferretería Morán, Farmacia Álvarez Lebredo, Perseidas, Bimba 13, Panadería Torviso, Mercería Torviso, Siñeiro Hogar, Faro Norte Comunicación, Menfer, Hola Ola, Ferrado Marelo, Opticalia, Bahía, Barallocas, Mercería Confección Susana Moreira, Galán Moda Hombre, Asador La Quinta, Mar de Rinlo, Kids&Us, Calzados La Moda, La Moda Básico, Adele, Bar Cienfuegos, Multitiendas Teresa, Bodegas Ribeirao, Mimimó, O Lar de Manolo, Bar Portillo, Electronima, Grisi, Mariscos Ribadeo, Reiriz, By Hortensia, Óptica Carreira, Araucaria, Beep Ribadeo, Autoescuela Destavai, Farmacia María Eugenia, Sanjurjo Moda, Jilgueritos, Naná, Farmacia Montserrat Iglesias, Hotel O Cabazo, Apartamentos Escuder, Asesoría Administrativa Ribadeo, Anais, Boutique Valentina, Casa Mandarina, Rosalar, Deportes Docobo, Terra Branca, Estanco La Carrilla, Xeito Decoración, La Florida, Perruquería Guedellos, DeLira e Costa Verde. Todos eles aportaron colaboracións de entre 30 e 100 euros”.
A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, dixo que “desde o Concello de Ribadeo queremos agradecer e recoñecer o esforzo que Acisa realiza este ano para, entre todos, darlle unha volta importante á Cabalgata de Reis. A asociación fai unha achega de fondos propios e recadou entre as empresas de Ribadeo unha cantidade económica moi importante. Aproveito para agradecer ao tecido empresarial ribadense o seu apoio con esta tradicional cita, a máis agardada do ano polas familias, polo comercio e tamén pola hostalería. Tamén é importante destacar o traballo de todas as persoas voluntarias que levan semanas colaborando co Concello de Ribadeo preparando as carrozas, cosendo… estamos moi agradecidos pola súa implicación”.






















A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 


