A Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela lanza en 2026 o seu tradicional calendario anual baixo o título: “Se pensas en peixe, pensa en Burela”
Burela, 30 de decembro, 2025. Ao longo dos próximos 12 meses o calendario 2026 da OPP-7 volve promocionar os “12 Pescados Capitales” do Porto de Burela, nunha acción cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, incluída no plan de produción e comercialización anual da OPP co obxectivo de contribuír á trazabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.
No calendario destácase o liderado de Burela en moitas destas especies, xa que, ademais de primeira lonxa de Europa en pescada do pincho, ABSA é primeira lonxa de Galicia en vendas e descargas de bonito do norte, bertorella, xarda, cabra de altura, castañeta vermella e mero; ademais doutras especies como o salmonete de roca, o sabre negro ou a maruca, que non aparecen no almanaque.
Estas especies representan as diferentes pesqueiras que forman parte das frotas do porto de Burela, como o palangre demersal (de fondo) en augas europeas, que pesca con anzol una a unha a pescada de pincho, a bertorella, a cabra de altura, a castañeta vermella, o mero ou o ollomol; o palangre de superficie en augas internacionais e europeas do Atlántico, que pesca tamén individualmente o peixe espada ou a quenlla; a frota bonitera do Cantábrico, que pesca os bonitos do norte ao curricán, un a un con anzol; ou as frotas de cerco ou arrastre de litoral do Cantábrico, que traen cada día á lonxa de ABSA especies pelágicas como a xarda, o bocarte ou a sardiña.
Desde o Porto de Burela vólvese promover así o consumo de peixe como unha das bases fundamentais dunha vida saudable, descubrindo cada mes as caracerísticas de cada unha das súas principais especies, a frota que a trae a porto, os diferentes formatos de comercialización, as artes de pesca ou as súas mellores épocas de consumo durante o ano.
Como nos últimos anos, editáronse preto de 4000 exemplares do calendario, que se distribúen como sempre entre os socios de OPP Burela e ABSA, a través da Asociación de Exportadores Almacenistas de Peixe da Mariña (ADEXMAR), da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo e de diferentes peixarías e establecementos locais. A metade destes exemplares distribúense en Madrid e Barcelona entre os socios de FEDEPESCA (Federación Nacional de Asociacións Provinciais de Empresarios Detallistas de Peixes e Produtos Conxelados) e o Gremio de Peixeiros de Barcelona.
DESCARGA CALENDARIO PDF: https://oppburela.com/wp-content/uploads/2025/12/OPP7_CALENDARIO2026_WEB.pdf























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



