Ortigueira, 2 de xaneiro de 2026. O Concello de Ortigueira reforza o departamento administrativo dos Servizos Sociais municipais coa contratación dunha persoa nova inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A incorporación terá unha duración de nove meses a xornada completa.
O municipio recibiu unha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por un importe de 16.380,09 euros, no marco do programa Garantía Xuvenil 2025 da Xunta de Galicia, destinada a financiar esta contratación. Pola súa parte, o Concello achega 649,96 euros con fondos propios, o que representa o 3,82% do custo total.
Esta nova incorporación permitirá reforzar as tarefas administrativas e contribuír a unha mellor atención e organización dos Servizos Sociais municipais.
A axuda autonómica está cofinanciada ao 60% pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021–2027, dentro do Obxectivo Político 4, “Unha Europa máis social e inclusiva, mediante a aplicación do Pilar Europeo de Dereitos Sociais”, e da Prioridade 5: Emprego xuvenil.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



