Burela, 8 de xaneiro, 2026. A Asociación Esperanza de loita e apoio contra o cancro vén de presentar o balance das actividades realizadas durante o ano 2025, un exercicio no que o colectivo subliña dous aspectos fundamentais.
Apoio crecente da cidadanía
O primeiro é o gran respaldo social recibido en todas as actividades organizadas ao longo do ano. Para a entidade, este apoio reflicte unha maior sensibilización da sociedade na loita contra o cancro, unha batalla que abrangue a prevención, a diagnose, o tratamento e o acompañamento ás persoas enfermas e ás súas familias.
Desde Esperanza sinalan que así “se cumpre un dos obxectivos fundacionais do colectivo: a implicación da cidadanía na loita contra o cancro”.
8.500 euros en doazóns para proxectos científicos
O segundo punto destacado é o esforzo económico destinado a apoiar a investigación.
En 2025, Esperanza realizou catro doazóns por un total de 8.500 euros a proxectos científicos e entidades dedicadas á investigación oncolóxica:
• ZebrAGLIO2020 – 3.000 €
• Somos – 2.000 €
• Centro Oncolóxico de Galicia – 2.000 €
• Geicam – 1.500 €
As achegas proceden das cotas das persoas asociadas, de doazóns de colectivos —como a realizada por Alcoa este ano— e tamén de persoas anónimas. A entidade confía en incrementar estas contías en 2026.
Aumento do número de persoas asociadas
Outro dato relevante é o incremento do 12% no número de persoas asociadas, que pasan de 585 a finais de 2024 a 656 ao peche de 2025. Para Esperanza, esta evolución confirma a crecente implicación social.
Agradecemento á cidadanía, empresas e institucións
A asociación expresa de novo o seu agradecemento a todas as persoas, empresas e institucións que colaboran coa entidade “dun xeito ou doutro”, e amosa a súa confianza en que esta colaboración continuará ao longo de 2026.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



