O proxecto ascende a un total de 914.105,01 euros para o que as empresas poderán presentar ofertas por medio da plataforma de contratación do Estado ata o 12 de febreiro
Barreiros, 16 de xaneiro de 2026. O Concello de Barreiros vén de publicar a licitación da obra de rehabilitación e recuperación do Teleclub de San Cosme para destinalo a albergar un proxecto de dinamización social e económica.
A alcaldesa, Ana Ermida, sinala que “este proxecto é un dos máis ansiados polo goberno municipal e sae adiante despois dunha ardua labor de adecuación do mesmo, estudo e busca de financiamento que faga viable recuperar o seu uso como un dos epicentros da parroquia e do municipio” .
A rexedora explicou que con estas obras crearán o primeiro espazo de traballo cooperativo, cunhas instalacións modernas e adecuadas ás necesidades de persoas autónomas ou pequenos negocios que poidan necesitar dos servizos que ofrece un espazo deste tipo. Ao mesmo tempo, a planta alta adecuarase para o seu uso social, destinado a entidades que traballen no ámbito social, cultural, deportivo ou asimilado e que poidan precisar espazos de reunión, traballo ou almacenamento.
“O teleclub de San Cosme é un símbolo para toda a parroquia que o construíu con aportacións veciñais e que criou varias xeracións sendo o centro social e cultural de referencia”, explica. “Por iso este proxecto é tan especial, porque se trata de recuperar un espazo do pobo para o pobo”.
A obra, que ascende a preto do millón de euros, consiste na adecuación das dúas plantas do local para dotalas de espazos destinados a asociacións e tamén para albergar un espazo de traballo cooperativo na planta baixa. Igualmente, conserva a existencia dun espazo para cafetería que permitiría converter dito local nun centro de sociabilización e dinamización económica, situándoo no epicentro da parroquia que ten sido anos atrás. Estas obras son compatibles co mantemento da Aula Cemit que se atopa actualmente nese edificio e coa pista de skate creada por este goberno para o desfrute da mocidade. “Deste xeito, este lugar será referencia para toda a poboación, teña a idade que teña”, asevera Ermida.
O proxecto, redactado inicialmente no 2020 e para o que se obtivo un préstamo do IGVS que o Concello de Barreiros xa está devolvendo; tivo que ser revisado a raíz do incremento de prezos sufridos no sector da construción e das novas adecuacións técnicas. Neste sentido, o custo total do mesmo case se duplicou, pasando de 513.235,85 a 914.105,01 euros.
Para o seu finanzamento total, o Concello de Barreiros vén de asinar un convenio coa área de Rural da Deputación de Lugo por un importe de 500,928,88 € que complementan os 413.176,13 € dos que dispón xa o concello para ditas obras.




















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



