O alcalde, Valentín Calvín, e a concelleira de Sanidade, Ana Cartelle, reuníronse recentemente co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para abordar a mellora dos servizos e recursos sanitarios no municipio
Ortigueira, 21 de xaneiro de 2026. O alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira de Sanidade, Ana Cartelle, reuníronse recentemente co conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia, Antonio Gómez Caamaño, nun encontro no que se avanzou na implantación de novos servizos e na mellora dos recursos sanitarios do municipio.
No encontro solicitouse a implantación do servizo de Hospitalización a Domicilio (HADO) en Ortigueira. Este modelo asistencial permite que determinados pacientes reciban na súa propia casa unha atención sanitaria equivalente á hospitalaria, evitando ingresos innecesarios e favorecendo unha recuperación máis cómoda e personalizada. O servizo contaría cun equipo específico integrado por un médico e dúas enfermeiras, que se encargarían do seguimento clínico, dos tratamentos e da coordinación co resto do sistema sanitario, reforzando así a atención continuada no ámbito domiciliario.
Outro dos asuntos tratados foi a mellora da operatividade do heliporto municipal. Na actualidade, o heliporto xa permite a chegada e saída de helicópteros de emerxencias durante o día, e o obxectivo é ampliar este servizo para que poida funcionar as 24 horas. Para iso, prevese a sinatura dun convenio con Portos de Galicia que permita sinalizar axeitadamente a instalación mediante balizas, posibilitando os aterraxes nocturnos e aumentando a capacidade de resposta ante emerxencias sanitarias en calquera franxa horaria.
Así mesmo, durante a reunión trasladouse a necesidade de dotar o municipio dunha ambulancia medicalizada, un recurso fundamental para garantir unha atención rápida e especializada en situacións de urxencia, especialmente nun territorio cunha poboación dispersa como o de Ortigueira.
Desde o Concello de Ortigueira sublíñase a importancia destes avances, que supoñen un paso significativo na mellora da atención sanitaria e no reforzo da seguridade e o benestar da poboación, así como a vontade de continuar traballando de maneira coordinada coa Xunta de Galicia para seguir ampliando e mellorando os servizos públicos.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



