Daniel Castro presentou unha iniciativa para aumentar as prazas de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica, consideradas insuficientes polas familias e a comunidade educativa
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026. O deputado do Bloque Nacionalista Galego, Daniel Castro, vén de presentar no Parlamento de Galicia unha iniciativa para esixir á Consellería de Educación un incremento “urxente” do persoal especializado de Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica (PT) no CEIP Plurilingüe de Covas, en Viveiro.
Castro advertiu de que o centro, con 154 alumnos e alumnas, conta cunha dotación “totalmente insuficiente” de profesionais, unha situación que —segundo denunciou— se arrastra desde cursos anteriores e continúa empeorando. O deputado criticou ademais que a Xunta nomease á pedagoga terapéutica como directora, cunha dedicación de só sete horas semanais, sen cubrir a súa ausencia con outro especialista.
As familias levan oito venres consecutivos concentrándose ás portas do colexio baixo o lema “Venres Negros”, reclamando máis recursos para o alumnado con necesidades específicas.
A proposta do BNG solicita incorporar unha profesional de AL a tempo completo e unha profesional de PT a media xornada, destinada a cubrir as horas de dirección que actualmente asume a pedagoga terapéutica. “Non é unha petición utópica, é o mínimo necesario para garantir unha educación digna”, afirmou Castro.
O deputado criticou tamén o silencio da Administración ante as demandas da ANPA, que leva máis de cen días sen resposta, e cuestionou o catálogo xeral de dotacións da Xunta, ao considerar que “non se axusta á realidade dun centro con altos índices de necesidades específicas, risco de exclusión e absentismo crónico”.
Castro concluíu que o que ocorre en Covas é “o resultado de anos de abandono político” e asegurou que continuará a presión parlamentaria para revertir esta situación.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



