Daniel García: “ Agora o goberno español debe demostrar se existe unha vontade real de defender a frota de baixura”
Lugo, 27 de xaneiro de 2026. O BNG logrou a unanimidade da corporación provincial para esixir ao goberno do Estado que negocie coa Comisión Europea a exclusión da frota artesanal do ámbito de aplicación do Regulamento de Control da Pesca, que entrou en vigor o pasado 10 de xaneiro.
A formación nacionalista considera insuficientes as medidas de flexibilización anunciadas polo Ministerio de Pesca a pasada semana e mantén o seu apoio ás demandas da frota de baixura mariñá e galega, que reclama que se teñan en conta as especificidades da pesca artesanal.
Así o defendeu no pleno o deputado Daniel García que sostivo que “o conflito de fondo segue sen resolverse. Esta flexibilización non pode ser un punto final, se non un punto de partida. Agora o goberno español debe demostrar se existe unha vontade real de defender unha regulación máis xustas, proporcionadas e intelixentes en Europa”.
“O futuro decídese en Bruxelas e alí deben escoitarse as voces dos que pescan cada dia a poucas millas da costa, sostendo unha actividade esencial que merece unha regulación adaptada á súa realidade”, insistiu o deputado barreirense.
“A pesca en Galiza é un dos modelos máis sostibles: ten un baixo impacto ambiental, usa aparellos de pesca selectivos e baséase nun coñecemento tradicional do medio ambiente. Impoñerlle unha burocracia excesiva non mellora o sistema, senón que acelera a súa desaparición”, advertiu durante a súa intervención no pleno, dando continuidade á actividade institucional e política en defensa da baixura que o BNG mantivo desde a aprobación do regulamento europeo.
A moción promovida polo BNG insta ao Goberno do Estado a negociar coa Comisión Europea a exclusión da frota artesanal do ámbito de aplicación do Regulamento de Control de Pesca e a aprobar, entre tanto, unha moratoria de aplicación da norma.
Tamén urxe á Xunta de Galiza a exercer e defender as súas competencias exclusivas en materia de augas interiores, desenvolvendo normas propias de control adaptadas á realidade da frota artesanal galega.



















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



