Ribadeo, 29 de xaneiro, 2026. No pleno celebrado o martes 27 de xaneiro, o grupo municipal do BNG de Ribadeo presentou unha moción para destinar 100.000 euros do Plan Deputación a obras de saneamento nas parroquias do rural. A formación nacionalista explicou que a iniciativa respondía á ausencia total de investimentos neste ámbito por parte do Goberno local do PP desde a súa chegada á alcaldía, así como ao feito de que nos Orzamentos de 2026 a partida destinada ao saneamento volvía ser inexistente.
Segundo o BNG, a proposta atendía ás demandas de veciñas e veciños de diversas parroquias, que botan en falta a continuidade das obras de saneamento que se executaban de maneira programada durante os mandatos nacionalistas.
Durante o debate, o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, acusou o BNG de pretender reducir o investimento destinado ao municipio e de restar fondos para estradas e para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), parcialmente financiado a través do Plan Deputación. O BNG replicou que estas acusacións carecen de fundamento e lembrou o funcionamento do programa provincial: o plan é o principal instrumento financeiro da Deputación de Lugo para dotar de recursos aos concellos, distribuíndo fondos con criterios obxectivos como poboación, envellecemento ou superficie.
O grupo nacionalista subliñou que o Plan Deputación establece dúas obrigas: destinar polo menos o 50% dos fondos a investimentos —como vías públicas ou saneamento— e reservar unha parte concreta para financiar o SAF. Esta última porcentaxe, explicaron, non pode empregarse para outros fins, polo que a proposta do BNG non afectaría en ningún caso ao servizo de axuda no fogar.
Dentro do capítulo de investimentos, o plan tamén fixa que o 60% debe dedicarse á mellora de vías públicas, mentres que o 40% restante queda a criterio dos concellos, podendo empregarse en arranxos viarios ou en outras actuacións, como o saneamento. O BNG defendeu que a súa moción era “clara e viable” e permitiría executar melloras no rural xa este mesmo ano ao contar con financiamento asegurado. O PP votou en contra.
Nun xiro inesperado, o alcalde propuxo solicitar á Deputación de Lugo, mediante un convenio excepcional, 250.000 euros para obras de saneamento, unha proposta que o BNG cualificou de “irreal” e “sen planificación”, interpretándoa como un intento de trasladar a responsabilidade á institución provincial.
O BNG de Ribadeo afirmou que non participará “no circo” que, ao seu xuízo, promove o Goberno local. A formación lembrou que é o executivo municipal quen debe solicitar ás demais administracións os recursos que considere necesarios e empregalos de acordo coas súas prioridades. Sobre o saneamento no rural, o grupo nacionalista insistiu en que o PP non executou actuación algunha en tres anos nin presentou iniciativas para reclamar financiamento doutras administracións.
O BNG concluíu que o PP, contando cunha maioría absoluta, podería impulsar calquera actuación se realmente tivese vontade política, polo que considera “ridículo” responsabilizar á oposición da falta de avances neste ámbito.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



