A Caridá, 29 de xaneiro, 2026. A alcaldesa de El Franco, Cecilia Pérez, asistiu esta mañá ao encontro programado co Comité de Ence Navia na sede da agrupación socialista de Navia. Alí, xunto a outros compañeiros da comarca (como o alcalde de Illano, Iván Rodríguez, e varios concelleiros socialistas dos concellos de Navia, Tapia de Casariego e Coaña), a rexedora reafirmou o seu compromiso coa plantilla da biofábrica naviega, recoñecendo a súa profesionalidade e o seu mérito nos bos resultados da compañía.
“Hay que darles a los trabajadores el valor que se merecen como parte fundamental de los buenos resultados que tiene la empresa. Creo que la compañía tiene que reconsiderar este planteamiento y buscar una solución consensuada que evite cualquier destrucción definitiva de puestos de trabajo”, sinalou Cecilia Pérez tras a reunión cos representantes dos traballadores.
O Concello de El Franco aprobou xa esta semana unha Declaración Institucional mostrando o seu apoio e solidariedade coa plantilla afectada por un ERE. Segundo explica o Comité de Empresa, a proposta da Dirección contempla a eliminación de 96 postos de traballo e unha reestruturación que afecta máis de 180 persoas. Ante isto, a alcaldesa de El Franco (e presidenta da Federación Asturiana de Concejos, FACC) destacou o compromiso social que sempre existiu no Noroccidente coa empresa Ence.
“La relación desde el Ayuntamiento de El Franco con Ence Navia es de convivencia, cooperación y responsabilidad compartida hasta el momento, lo que ha servido para compatibilizar la actividad industrial en nuestro territorio. Una parte de la materia prima que se utiliza en la fábrica viene del concejo y hemos mantenido una relación cordial y de colaboración en todo momento”, sinala a alcaldesa.
Máis alá da colaboración institucional, Cecilia Pérez subliña “el compromiso de todo el territorio y la colaboración social que se ha mantenido con el ánimo, precisamente, de mantener esos puestos de trabajo”. “Ese compromiso ha sido demostrado año tras año y ha contribuido a situar la empresa en el nivel de calidad que tiene. Tiene una plantilla joven y especializada y durante todos estos años ha demostrado que el resultado obtenido en la fábrica de Navia es muy superior al de otros emplazamientos que puede tener la empresa”, aseverou a alcaldesa franquina.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



