O encontro abordou o apoio da Xunta ás principais iniciativas de promoción, divulgación e dinamización do sector marítimo-pesqueiro que a entidade desenvolve ao longo do ano
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro do 2026. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo unha reunión con representantes da Fundación Expomar para analizar as vías de colaboración entre a Xunta e esta entidade ao longo do ano 2026, nun encontro centrado no impulso de iniciativas de promoción, formación e posta en valor do sector marítimo-pesqueiro. Na xuntanza avaliáronse as principais actividades previstas pola fundación para este exercicio, así como o papel que estas teñen na difusión do coñecemento, na transferencia de innovación e no reforzo da competitividade do sector do mar.
A responsable autonómica destacou a traxectoria de Expomar como foro de referencia para o encontro entre profesionais, empresas, administracións e axentes sociais vinculados ao ámbito marítimo, subliñando a importancia de iniciativas consolidadas como as Xornadas Técnicas, o Encontro Empresarial, a feira Produart ou o Día do Orgullo Mariñeiro. Estas accións contribúen, sinalou, a fortalecer a economía azul, promover o consumo de produtos do mar e visibilizar o peso estratéxico do sector no desenvolvemento económico e social de Galicia.
No encontro tamén se abordou a incorporación de novas propostas para 2026 orientadas á divulgación cultural e á posta en valor do patrimonio mariñeiro, así como a continuidade da colaboración institucional que a Consellería do Mar mantén coa Fundación Expomar desde hai máis dunha década.
A entidade, con sede en Burela, desenvolve desde 1998 unha intensa actividade centrada na promoción e dinamización do sector náutico-pesqueiro galego, organizando ao longo do ano eventos de carácter técnico, divulgativo, empresarial e cultural que a consolidan como un dos principais espazos de encontro e reflexión arredor do mar en Galicia.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



