A Mariña, 30 de xaneiro, 2026. Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos este venres tras ser atropelados por unha grúa na A-8, ao seu paso por Pígara (Guitiriz), no quilómetro 587 da vía en sentido Ribadeo. As vítimas realizaban traballos de mantemento cando o vehículo pesado bateu contra un coche de mantemento estacionado e acabou arroiándoos.
Segundo informou a Garda Civil de Tráfico ao 112 Galicia, o impacto produciuse cando a grúa colidiu co vehículo de mantemento e invadiu a zona na que traballaban os operarios. Dous deles faleceron no punto e outros dous sufriron feridas de consideración. O condutor da grúa tamén precisou asistencia sanitaria.
O aviso chegou ao 112 arredor das 14:00 horas, tanto por parte dun particular como do propio condutor implicado, que alertaron de que catro persoas foran atropeladas e se atopaban en estado grave.
O servizo de emerxencias mobilizou de inmediato varias ambulancias do 061, así como axentes de Tráfico, Bombeiros de Vilalba, persoal de mantemento da vía e voluntarios de Protección Civil. Tamén se informou ao Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) por se fose necesaria a súa intervención.
Os profesionais sanitarios confirmaron posteriormente ao 112 o traslado de tres persoas ao hospital de referencia, onde unha delas faleceu.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



