Viveiro, 3 de febreiro, 2026. A Xunta de Confrarías de Viveiro confirmou que Jose Ángel Rodríguez Méndez, coñecido como Anxo Rodríguez, será o encargado de ler o pregón da Semana Santa 2026. O acto celebrarase o 28 de marzo no Teatro Pastor Díaz.
Unha representación da Xunta de Confrarías desprazouse onte a Santiago de Compostela, onde reside o xornalista, para formalizar o convite.
Un viveirense cunha longa traxectoria profesional
Nado en Viveiro o 1 de abril de 1961 e criado en Chavín, Anxo cursou o Bacharelato, BUP e COU no Instituto de Viveiro, hoxe IES Vilar Ponte. Posteriormente licenciouse en Ciencias da Información (promoción 79–84) e en Ciencias Políticas (promoción 80–85) na Universidade Complutense de Madrid.
O 1 de agosto de 1985 iniciou a súa carreira profesional como redactor na Televisión de Galicia, onde desenvolveu unha ampla traxectoria. Foi redactor e reporteiro, dirixiu diferentes edicións dos informativos do mediodía e da tarde, e estivo á fronte do programa Parlamento entre 2008 e 2010.
Desde 2010 é o responsable de Vivir o Mar, espazo especializado en pesca e marisqueo, no que realizou numerosos reportaxes sobre a flota de Celeiro, incluíndo mareas completas en Gran Sol.
Un pregoeiro moi vencellado á Semana Santa
Ademais da súa traxectoria profesional, Anxo é tamén parte activa da Semana Santa viveirense: foi levador durante varios anos en distintos pasos, tradición que continúa a súa familia —filla, irmán e sobriños—.
A Xunta de Confrarías expresa a súa satisfacción por contar cun pregoeiro “da categoría profesional e humana de Anxo Rodríguez, viveirense e membro dunha familia fondamente ligada á nosa Semana Santa e moi querida en Viveiro”.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



