Rogos do Grupo Municipal Socialista sobre o estado do firme, o alumeado público e a seguridade viaria en Viveiro
Viveiro, 3 de febreiro, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro presentou no pleno varios rogos dirixidos ao equipo de goberno para reclamar actuacións urxentes en materia de mantemento viario, seguridade e alumeado público.
1. Deterioro no Ponte Maior e presenza de socavóns na variante
O grupo socialista advertiu de que, tras as catas realizadas recentemente no Ponte Maior ou Ponte da Misericordia, os técnicos constataron a presenza de gretas no asfalto tanto na infraestrutura como nas inmediacións da Cruz Vermella e da rotonda da Misericordia.
Sinalan especialmente un socavón de gran tamaño tras o paso de peóns elevado en dirección Lugo, que pode provocar danos nos vehículos e accidentes, así como outros afundimentos adicionais na mesma variante.
O grupo atribúe esta situación ás fortes inclemencias meteorolóxicas dos últimos meses e solicita ao goberno local que inste á Axencia Galega de Infraestruturas a reparar estes danos con urxencia, dada a súa incidencia na seguridade viaria.
Tamén reclaman a revisión de varias alcantarillas en Viveiro e na travesía de Covas, situadas a unha cota inferior ao asfalto, o que xera molestias e riscos para a circulación.
2. Atrasos na reposición de farolas e bombillas
Nun segundo rogo, o Grupo Socialista advertiu dos atrasos excesivos na reposición de bombillas e farolas fundidas en diferentes puntos do municipio.
Lembran que o Concello conta cun único electricista municipal e que, tradicionalmente, se recorría ao apoio dunha empresa externa para axilizar o mantemento do alumeado público.
Segundo trasladaron varios veciños de zonas como Covas, O Pedregal, Celeiro, a estrada LU-0862 ou Vieiro, hai casos nos que a espera para substituír unha bombilla supera os dous meses.
Por iso, piden ao goberno local que retome o apoio dunha empresa externa para garantir un servizo áxil e seguro.
3. Afundimentos recorrentes e problemas de seguridade en Celeiro
Nun terceiro rogo, o grupo socialista denunciou os afundimentos recorrentes na rúa Camiño Real – Prolongación do Rego da Fonte, en Celeiro, entre o cruce da Igrexa e o da Casanova.
As constantes roturas da rede de auga provocan un firme brando e deteriorado, dificultando o tránsito de vehículos e peóns.
Ademais, lembran que o treito é de sentido único ascendente, pero varios veciños alertan de que é habitual que circulen vehículos en sentido contrario, o que supón un risco evidente.
O grupo tamén reclama actuacións nun solar próximo onde existe unha vexetación de loureiros sen manter, que pode resultar perigosa en días de vento e incrementar o risco en caso de incendio pola proximidade a vivendas.
Solicitan ao goberno local que actúe tanto no mantemento do firme e na mellora da seguridade viaria como no control das parcelas e da vexetación.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



