A institución provincial achega 35.000€ a esta cita que se presentou no Pazo de San Marcos, e que prevé superar os 25.000 quilos vendidos na edición pasada deste embutido emblemático da Montaña
Lugo, 4 de febreiro de 2026. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, o Alcalde da Fonsagrada e Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, e o Concelleiro de Deportes, Feiras e Festas fonsagradino, Silbán Rodríguez Palmeiro, presentaron no Pazo de San Marcos a XXIX edición da Feira do Butelo que agarda recibir esta fin de semana a milleiros de persoas na capital da Montaña Lucense. A institución provincial achega 35.000 euros para apoiar esta cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, e na que se prevé superar os 25.000 quilos vendidos na edición anterior deste embutido emblemático.
Durante a presentación, Pablo Rivera destacou que “o Butelo é un evento que é motor económico para a comarca, que pon en valor un produto de excelencia e que contribúe a fixar poboación no rural a través da tradición e da gastronomía”. “É un produto que distingue á Fonsagrada e a toda a provincia de Lugo, cun alto valor engadido e cunha industria que xera riqueza e emprego na comarca e no concello”, apuntou.
Así mesmo, o Deputado resaltou tamén o traballo dos artesáns que manteñen viva esta tradición durante máis de tres décadas: “Sen eles sería imposible celebrar esta cita, porque o butelo non só é un produto gastronómico, senón un símbolo da nosa cultura e da nosa historia”. Nesta liña explicou que A Fonsagrada “é un referente non só na gastronomía, senón tamén no ámbito turístico e deportivo, froito do esforzo constante do Concello”. Rematou convidando a todos os veciños e veciñas da provincia a achegarse á feira esta fin de semana “para desfrutar dun dos grandes tesouros gastronómicos que temos na nosa provincia e dos grandes atractivos que ofrece a montaña lucense”.
Pola súa banda, Carlos López agradeceu o apoio da Deputación que “é fundamental xa que sen a achega económica da institución provincial sería imposible”. López indicou que estes dous días de feira atrae a milleiros de visitantes, “xerando unha inxección de recursos para a hostalería e o comercio que compensa períodos de menor actividade”.
Programa
O programa da XIX Feira do Butelo da Fonsagrada arrincará o sábado ás 10:00 horas coa apertura da carpa, que estará situada na Praza do Concello e permanecerá aberta ata ás 20:00 horas. Ás 12:00 horas terá lugar a inauguración oficial a cargo das autoridades, que posteriormente realizarán unha visita aos postos de alimentación e artesanía participantes.
O domingo o recinto feiral abrirá de novo as portas, ás 10 da mañá, e ao mediodía horas a carpa acollerá unha actuación do grupo de música tradicional Illa Pancha. Ás 13:00 horas terá lugar a entrega do Butelo de Ouro no Salón de Plenos da Casa Consistorial; e a continuación a Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros amenizará a xornada festiva que se prolongará ata as 20:00 horas.






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



