
oplus_0
Xove, 9 de febreiro, 2026. A Concellería de Agricultura de Xove pecha a campaña de árbores autóctonas e plantas de xardín coa entrega dos pedidos.
A área municipal informa de que mañá, martes 10 de febreiro, en horario de 10:00 a 13:00 horas, realizarase a entrega de todos os pedidos de árbores forestais, autóctonas e plantas de xardín correspondentes á campaña 2025/2026.
A iniciativa desenvolveuse durante os meses de novembro e decembro do pasado ano, período no que estivo aberto o prazo de solicitude para toda a veciñanza. Nesta edición rexistráronse menos peticións que en anos anteriores, aínda que de maior volume, cun claro predominio das árbores froiteiras, o que reflicte un cambio de tendencia cara a plantacións máis produtivas.
Coa xornada de entrega péchase oficialmente a campaña, facendo chegar os exemplares solicitados a todas as persoas participantes. A distribución realizarase no local anexo ao bar A Cívica, situado na praza do Centro Cívico.
Desde a Concellería de Agricultura transmítese o agradecemento á veciñanza pola súa implicación e polo compromiso coa sustentabilidade, a conservación do medio ambiente e o fomento das especies vexetais de interese local.























O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



