Castro de Rei, a 10 de febreiro de 2026. A residencia de maiores de Castro Ribeiras de Lea (Castro de Rei) está sen persoal médico dende o pasado mes de novembro e a empresa que xestiona o centro -de titularidade pública- négase a substituír a ausencia deste profesional porque considera que co 061 xa está garantida de maneira suficiente a atención ás persoas residentes.
A falta do médico implica atrasos na prescrición de medicamentos ou na adopción das pautas de suxeición, xa que nin o persoal de enfermería, auxiliar ou xerocultor está autorizado para facer esta tarefa. Non contar cun médico ou unha médica, explica a representación da CIG, implica que as persoas residentes teñan que ser atendidas no centro de saúde da vila, que xa está sobrecargado, e que os diagnósticos e tratamentos cheguen tarde, o que prexudica a súa saúde e agudiza as doenzas.
“Persoas que poderían ser tratadas na residencia sen maiores complicacións acaban nas urxencias hospitalarias, que tamén están colapsadas, pola demora nos tratamentos”, advirten as delegadas da CIG, que engaden que o traslado de usuarias/os ás urxencias e as chamadas ao 061 “son o día a día neste centro”.
Na residencia de Catro Ribeiras de Lea viven unhas 170 persoas, en moitos casos cunha autonomía moi limitada, e a normativa vixente obriga a que centros deste tamaño dispoñan de persoal médico propio “polo que a empresa ten que cubrir a baixa do médico titular, pero non o fai por unha simple cuestión de aforrar cartos”.
Máis carga burocrática tras a visita da Inspección
Esta falta de atención médica levou o familiar dun residente a presentar denuncia na Inspección de Política Social, que xirou visita ao centro. Porén, lamentan as delegadas da CIG, o único para o que valeu a inspección “foi para aumentar a carga burocrática do persoal de enfermería e xerocultor, pero non se obrigou a empresa a contratar un novo médico ou médica”.
Neste senso, critican que a administración dea por cumpridas as ratios ao contar o persoal de permiso ou baixa como se estivera traballando, que non se lle pregunte ao persoal cales son os problemas reais e que, cando hai requirimentos, non se faga un seguimento efectivo das medidas adoptadas. “En definitiva, despois da visita, seguimos sen médico pero agora temos maior carga de traballo porque temos que facer máis papeleo”, valoran.
Doutra banda, alertan que a empresa publicita o servizo de fisioterapia como unha das grandes vantaxes desta residencia “e dende o HULA mandan pacientes para que fagan a recuperación no centro, pensando que este servizo se fai a diario, cando na realidade o fisioterapeuta só acude unha vez á semana, os venres”.
A dirección non quere negociar
Pero lonxe de buscar solucións e reforzar os cadros de persoal das diferentes categorías, a dirección da residencia aplica unha política de imposición e restrición de dereitos laborais, denegando por sistema días de libre disposición, impondo o calendario de vacacións e os descansos, e negándose a negociar ningunha cuestión laboral. A CIG demándalle á equipa directiva un cambio de rumbo, que sente negociar coa representación legal do persoal e que se respecten dos dereitos das persoas traballadoras.
A CIG-Servizos advirte que o sector está cada vez peor, con menos persoal e máis sobrecargado e cunhas condicións laborais e salariais de miseria. Esta precariedade provoca que as empresas teñan serias dificultades para atopar profesionais e para retelos “pois que foxen en busca de mellores condicións”.
Neste escenario, en lugar de dignificar as condicións, a patronal ten paralizada dende hai máis dun ano a negociación do convenio colectivo, e a Xunta de Galiza facilita a explotación reducindo as ratios persoal/residente, tal e como aconteceu coa eliminación da obriga de contar nas residencias con presenza física de enfermería as 24 horas.



















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



