Xove, 10 de febreiro, 2026. Ante a previsión de mal tempo, o Concello de Xove mantén a súa intención de celebrar o tradicional Desfile de Entroido polas rúas da localidade; porén, traballa nun plan alternativo que garanta a realización do evento no caso de que a tarde presente inclemencias meteorolóxicas.
Desde a Concellería de Cultura infórmase de que, como cada ano, o Concello está a organizar o Desfile de Entroido. Non obstante, e tras os temporais rexistrados recentemente na comarca, así como ante a posibilidade de condicións meteorolóxicas adversas, estase a preparar un plan alternativo que permita garantir a celebración do desfile sen modificar a data prevista.
O obxectivo desta decisión é evitar coincidencias con outros desfiles en concellos próximos, facilitando a participación da veciñanza e das persoas inscritas, e evitando interferencias na organización doutros entroidos da zona.
O punto de encontro manterase no lugar habitual de saída: a nave almacén municipal situada ao carón do campo de fútbol de adestramento e do IES Illa de Sarón. Nese espazo poderanse realizar inscricións de última hora e recoller dorsais pendentes entre as 15:00 e as 16:30 horas.
Unha vez reunidos todos os participantes, avaliarase a situación meteorolóxica do momento. Se as condicións non fosen axeitadas para realizar o desfile polo percorrido exterior, indicaráselles ás persoas inscritas que se despracen á carpa instalada na praza do Centro Cívico, onde recibirán instrucións claras e organizadas.
Na carpa haberá carteis explicativos coa sinalización necesaria para que cada participante se sitúe correctamente no seu posto de saída segundo a categoría na que estea inscrito, facilitando así o desenvolvemento do desfile a pesar do mal tempo.
Unha vez colocados todos os participantes nos seus postos baixo a carpa, serán chamados por megafonía e desfilarán cruzando un corredor habilitado no interior do pavillón municipal. Accederán polo portón situado na zona da praza, cruzarán o pavillón en diagonal e sairán polo portón que dá acceso ao Centro de Saúde de Xove.
O Concello de Xove agradece a colaboración e comprensión de todas as persoas participantes e anima a veciñanza a gozar do Entroido mantendo o espírito festivo que caracteriza esta celebración, sempre con seguridade.
Para este Plan B, a Concellería de Cultura agradece especialmente a colaboración de todas as persoas participantes —individuais, parellas, grupos e carrozas— para que, entre todas e todos, se poida plantar cara ao mal tempo e garantir a celebración dun entroido familiar que, partindo practicamente da nada, conseguiu situarse no mapa dos desfiles da Mariña.
Así mesmo, agradécese á veciñanza e ao público asistente a súa colaboración, mantendo as distancias e seguindo as indicacións da organización e do persoal de vixilancia municipal, co fin de que o desfile se desenvolva con precaución e primando en todo momento o bo humor, a convivencia e a seguridade.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



