A cita gastronómica encherá a vila de sabor, música e ambiente festivo coa participación de dez locais hostaleiros
Cervo, 20 de febreiro do 2026. O Concello de Cervo presenta unha nova edición da Festa do Mexillón de San Cibrao, que se celebrará este sábado 21 de febreiro de 2026, consolidándose como unha das citas gastronómicas e festivas máis destacadas do inverno na Mariña na súa XXXII edición.
O evento contará coa participación de dez establecementos hostaleiros da localidade —O Porto, Maruxaina, O Encontro, A Penúltima, Las Titas, O Faro, Bar Habana, O Noso Lar, O Trasgo e Bodega de Ana— que ofrecerán diferentes elaboracións con mexillón como protagonista, poñendo en valor a calidade do produto e o bo facer da hostalaría local.
A programación completarase cun amplo abano de actividades musicais e de animación na rúa. A mediodía coas agrupacións locais Fol do Raxal e A Rebolaxe, e xa a partir das 19:00 horas coa Charanga da Carmiña e a Charanga TNT.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, destacou que “a Festa do Mexillón é xa unha cita imprescindible no noso calendario, unha oportunidade perfecta para dinamizar a hostalaría local e atraer visitantes nunha época do ano na que tamén é importante xerar movemento económico”.
A rexedora subliñou ademais que “desde o Concello seguimos apostando por eventos que poñen en valor os nosos produtos do mar e que reforzan a identidade mariñeira de San Cibrao. Esta festa é unha mostra da unión entre tradición, gastronomía e convivencia”.
García Caramés animou a veciños e visitantes “a achegarse a San Cibrao e gozar dunha xornada pensada para todos os públicos, na que o mexillón será o gran protagonista, acompañado de boa música e do mellor ambiente”.
Desde o Concello convidan a participar nesta celebración que combina sabor e cultura, convertendo San Cibrao nun referente gastronómico durante esa fin de semana.
Ademais da alcaldesa, participaron na presentación a concelleira Mali Méndez, o edil Alfredo Fernández e algúns dos representantes da hostaleria participante.




























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


