Profesionais de tres distritos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) de Medio Rural impartiron docencia neste CFEA sobre investigación dos lumes e amosaron prácticas relacionadas coa prevención e a extinción
Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2026. O alumnado de 1º e 2º curso do ciclo de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural do Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo participou esta semana nunha xornada formativa sobre incendios forestais. Esta acción foi impartida por profesionais do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) da Xunta, procedente dos distritos VI (A Mariña luguesa), VII (A Fonsagrada-Os Ancares) e VIII (Terra de Lemos).
Os alumnos participantes recibiron formación de carácter técnico e práctico, orientada á análise da investigación de incendios forestais, á aplicación de métodos baseados en evidencias físicas e vestixios e ao desenvolvemento de prácticas de campo relacionadas coa prevención e a intervención nos lumes.
A actividade combinou sesións teóricas con traballo práctico de campo, favorecendo a interacción entre os participantes e a adquisición de coñecementos aplicables á realidade operativa. Tamén se impartiu docencia arredor do dispositivo de incendios forestais sobre o territorio galego e a resposta ante unha situación de alarma.
Así, no que atinxe ao eido da investigación, os estudantes coñeceron unha análise do método das evidencias físicas e vestixios, así como explicacións prácticas sobre identificación do punto de inicio e a interpretación da evolución do incendio con exemplos reais de lumes forestais.
A continuación, o alumnado participou nun campo práctico con tres zonas de traballo. A primeira delas, relacionada co uso de sistemas de comunicación e a revisión, colocación e boas prácticas no emprego de equipos de protección individual (EPis). A segunda, sobre o funcionamento de vehículos de extinción, incluíndo motobomba e pick-up, así como sobre capacidades operativas, seguridade e apoio ás manobras de extinción. A terceira área, de manobras con material de extinción, centrouse nas prácticas de tendidos de mangueira, uso de ferramentas manuais e material específico de extinción e a organización do traballo e seguridade en campo.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



