Este xoves quedaron cortadas polo colapso de dúas pontes a LU-P-3807, que conecta Bravos e San Pantaleón por Foxo; e a LU-P-6502 entre Vilalba e Chavín pola Balsa; ademais abriu aos turismos a LU-P-1402 entre Ribeira e Vilaquinte por Quindous
Lugo, 19 de febreiro de 2026. A Deputación pechou este xoves dúas estradas en Ourol e Muras a consecuencia do colapso de dúas pontes danadas pola cadea de borrascas que afectou á provincia nas últimas semanas. Trátase da LU-P-3807, que conecta Bravos e San Pantaleón por Foxo; e a LU-P-6502 entre Vilalba e Chavín pola Balsa. Por outra banda, a institución provincial vén de abrir ao tráfico a estrada derribada en Cervantes polas intensas choivas, a LU-P-1402 que comunica as parroquias de Ribeira e Vilaquinte por Quindous.
Hai dez días, o 9 de febreiro, parte da plataforma desta vía provincial colapsaba á altura de Vilaver a causa da erosión da auga no terreo baixo o pavimento. Nese momento, a institución provincial decidiu seguir os criterios técnicos que recomendaban pechar a estrada neste punto. Unicamente puido circular o transporte escolar, co fin de evitar aos nenos e nenas desprazamentos alternativos excesivamente longos.
Desde o primeiro momento, os técnicos da Deputación buscaron unha solución inmediata e urxente para esta vía, na que se acometeu unha drenaxe provisional para canalizar a auga que baixa polo talude e evitar así que siga colapsando a base do firme. Tamén se traballou sobre o reperfilado e limpeza da marxe contraria á derrubada para facilitar a circulación dos vehículos.
Continúan ademais pechadas ao tráfico as estradas provinciais LU-P-4103, en Pantón, tras un derrube de terra e pedras de gran tamaño sobre o firme; e o tramo vello da LU-P-3501, en Navia de Suarna, pola caída dunha ponte..





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


