Dende o PP de Vilalba apelan ao respecto institucional e á convivencia pacífica como piares dunha sociedade na que cómpre respectar a liberdade e a defensa da legalidade
Vilalba, 21 de febreiro de 2026. O PP de Vilalba manifesta a súa máis rotunda e enérxica condena ante o novo acto vandálico perpetrado contra o busto de Manuel Fraga, situado no noso municipio.
Desde o PP de Vilalba denuncian que non se trata dun feito illado, senón dunha reiteración inaceptable de ataques que evidencian unha actitude intolerante e profundamente antidemocrática. “Estamos ante condutas que non poden nin deben ter cabida nunha sociedade plural e respectuosa. A impunidade fronte a estes actos só alimenta a súa repetición”.
“Atentar contra un busto ou contra calquera símbolo público non é un simple dano material: é un ataque directo á convivencia, á pluralidade política e á historia compartida de todos os vilalbeses. Quen promove, xustifica ou minimiza estas accións está a cruzar unha liña vermella”, advirten.
Dende o PP de Vilalba tamén fan referencia ao intento de retirar o busto de Fraga do Senado: “O ataque no noso concello é consecuencia da campaña contra a figura de Manuel Fraga que a esquerda, liderada polo BNG, retomou onte no Senado coa petición de retirada da súa imaxe na Cámara Alta”.
Cómpre lembrar que hai tres anos a Mesa do Senado xa aprobou que o seu busto permanecese nas súas instalacións en recoñecemento a Fraga como un dos pais da Constitución. “Trátase dun acordo institucional adoptado democraticamente, que merece respecto e lealdade institucional”, afirman.
Por iso, desde o PP de Vilalba consideran “absolutamente incomprensible e irresponsable” que certos partidos estean a promover ou amparar iniciativas destinadas a boicotear a permanencia do busto de Fraga no Senado. “Non todo vale en política. Cuestionar acordos institucionais por sectarismo é unha mostra de falta de sentido de Estado e de respecto ás institucións e aos acordos que nelas se adoptan”.
Ademais, desde o PP de Vilalba agardan que o resto das formacións políticas condenen de maneira clara, expresa e sen ambigüidades este novo ataque vandálico. “O silencio ante un acto vandálico desta gravidade non é neutralidade: é complicidade. Quen non condena, ampara”.
Desde o PP de Vilalba subliñan que a discrepancia política é lexítima en democracia, pero recalcan que “nunca pode traducirse en vandalismo, ataques ao patrimonio público nin campañas de confrontación. A intolerancia e o sectarismo non poden marcar a axenda do noso municipio”.
Finalmente, esixen que se depuren responsabilidades e que se adopten as medidas necesarias para garantir a protección do patrimonio público. “Reafirmamos o noso compromiso inequívoco coa defensa da legalidade, da liberdade e do respecto institucional, valores que deben prevalecer con firmeza fronte a calquera intento de división ou imposición ideolóxica”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



