Ribadeo, 5 de marzo, 2026. A escritora ribadense Eva Moreda regresa á vila para presentar o seu novo libro, Conventículo
O acto terá lugar o venres 6 de marzo, ás 20:30 horas, na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza. A presentación correrá a cargo de Farruco Graña, presidente da entidade, e contará tamén coa intervención do crítico literario Javi Gómez e da propia autora.
A novela segue a historia dunha nena que visita a súa media irmá, estudante en Gran Bretaña, e descobre con ela novos vínculos persoais e emocionais lonxe da vila de Lucián, onde ambas se criaron. A sesión permitirá afondar nesta relación e no universo da obra a través do diálogo coa autora.
Conventículo destaca polo seu brillo literario e pola capacidade de Eva Moreda para captar a oralidade galega e explorar novas vías expresivas. A análise de Javi Gómez completará a aproximación ao libro.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



