Os nacionalistas instan ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a reforzar de inmediato a oficina de Correos local con máis persoal e recursos
Foz, 5 de marzo de 2026. O Bloque Nacionalista Galego no Concello de Foz presentou unha nova moción no Pleno municipal da pasada semana para instar ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a reforzar de inmediato a oficina de Correos local con máis persoal e recursos, ante os persistentes retrasos no reparto postal que afectan á veciñanza e aos servizos públicos.
O BNG leva anos alertando sobre a situación crítica da oficina de Correos de Foz, marcada pola escasez de traballadores e os conseguintes atrasos no servizo. “Esta nova iniciativa chega despois de varias accións previas que non lograron resolver o problema. En 2021, o Pleno Municipal aprobou por unanimidade unha Moción levada por nós para recuperar a apertura da oficina os sábados pola mañá, un recorte imposto durante a pandemia de Covid-19. O pasado ano, en febreiro, ante queixas veciñais por envíos demorados, outra moción unánime pediu ao Ministerio que transmitise o apoio do Concello ás demandas laborais dos traballadores, solicitando persoal, recursos materiais e técnicos para garantir un Servizo Postal Universal público e de calidade. Ademais, en abril de 2025, o deputado do BNG Néstor Rego rexistrou preguntas no Congreso dos Deputados despois dunha visitsa á oficina de correos focense para esclarecer as causas da falta de recursos e as medidas de corrección” manifestou o portavoz nacionalista Francisco Xavier Fanego.
A resposta do Ministerio non se axusta á realidade e os retrasos persisten
A resposta do Ministerio, citada textualmente polo BNG, sostén que “o presente horario e cadro de persoal existente permite atender o volume de actividade actual, cos niveis de calidade establecidos para cada produto”, e que se reforza o persoal en periodos de alta demanda como Nadal ou eleccións. Con todo, o BNG desmente esta afirmación, argumentando que a realidade é ben distinta: os retrasos persisten ou mesmo empeoran, como se evidencia na actualidade.
Os retrasos nas entregas afectan gravemente a importantes trámites administrativos da veciñanza
Entre os exemplos destacados, durante a tempada de Nadal, a prioridade á paquetería deixou acumulados centos de cartas ordinarias. Isto afectou notificacións de pago da Deputación Provincial por modificacións catastrais, con prazo límite o 31 de xaneiro, moitas das cales non chegaron a tempo e xera recargos fiscais aos veciños. Tamén se rexistran demoras en citacións do Servizo de Orientación Laboral de Galicia, de asistencia obrigatoria, que poden derivar na perda da prestación por desemprego para os beneficiarios. Os traballadores, sobrecargados e expostos a queixas, sofren as consecuencias dunha carga desproporcionada, mentres o cadro de persoal reduciuse de oito carteiros a só dous na oficina, catro pola mañá (dous con redución de xornada) e dous pola tarde (un a media xornada), sen cubrir dúas prazas tras xubilacións. Ademais, problemas no mantemento de vehículos, como un pinchazo que deixou unha furgoneta parada unha semana, agravan a situación.
A moción proposta polo BNG insta ao Ministerio a xestionar con urxencia coa Dirección de Correos a dotación de recursos humanos e materiais para un servizo postal universal de calidade, con reparto cinco días á semana. Inclúe a contratación de persoal suficiente, un reparto equitativo das cargas, e a reestruturación das zonas de reparto e atención ao público.
O Pleno municipal debateu esta proposta nun contexto de crecentes demandas pola defensa de servizos públicos esenciais.
O BNG subliña a súa aposta por manter Correos como un servizo estatal de calidade, e agarda que esta iniciativa impulse accións concretas do Goberno para resolver os problemas crónicos que afectan á poboación local, evitando así prexuízos adicionais aos cidadáns.
A Moción foi aprobada por unanimidade.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



