Trabada, 5 de marzo de 2026. O alcalde de Trabada, Rubén García, recibiu na mañá de hoxe no Concello a dous veciños e unha veciña do municipio que se proclamaron campións galegos da Liga Hobby Hockey, unha competición de hockey en formato afeccionado que se celebrou por primeira vez este ano.
Esta liga está dirixida a xogadores que non participan en competicións profesionais e que buscan un formato máis accesible para seguir practicando este deporte, reunindo a nais, pais e afeccionados ao hockey que ata o momento non contaban cunha competición adaptada ás súas posibilidades.
A competición contou coa participación de tres equipos: ADC Alquimia Inline da Coruña, Lostregos Mapax de Lugo e o Club Hockey Isla Pancha de Ribadeo, equipo no que participan os xogadores da comarca da Mariña. A liga disputouse en formato sede celebrándose en tres xornadas. A última delas tivo lugar o pasado 1 de marzo en Ribadeo.
Dentro do equipo do Club Hockey Isla Pancha, que se proclamou campión desta primeira edición da Liga Hobby Hockey, atópanse os trabadenses Daniela Vélez, Thor Alberich e Marcos Cabanas.
Durante o encontro, o alcalde felicitou aos xogadores polo título conseguido e destacou a importancia de apoiar iniciativas deportivas que fomentan a práctica do deporte e a convivencia. Ademais, nos últimos meses o equipo vén realizando diferentes adestramentos nas instalacións deportivas municipais de Trabada.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
