Foz, 6 de marzo de 2026. Nazaret Cruz Leal é a gañadora da cesta de produtos relacionados co café, que sorteou no día de hoxe Acia Foz-CCA.
Aquelas persoas que do 23 de febreiro ao 1 de marzo tomaron os seus cafés nos 14 locais hostaleiros que participaron na campaña O teu café ten premio entraron no sorteo celebrado esta mañá en Radio Foz, que contou coa participación da concelleira de Comercio, Kathy Navarro, e da xerente de Acia Foz-CCA, Ana Segade. A papeleta extraída foille entregada á afortunada en de CoffeeUrbanRoasters Foz. O sorteo foi conducido por Anxo Rivas.
Acia Foz-CCA organizou esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz. Enmarcouse arredor do Campionato de Baristas e de Cata de Cafés, que se desenvolveu hai uns días no IES de Foz.
Campaña día do pai
Ata o 22 de marzo se desenvolve a campaña do día do pai de Acia Foz-CCA, que arrincou o pasado día 2.
O presidente do colectivo empresarial, José Carlos Paleo, comentou que “as persoas que realicen as compras por un importe superior a 10 euros entre o 2 e o 22 de marzo terán a posibilidade de entrar no sorteo de sesións fotográficas. Queremos que as persoas gañadoras teñan un bonito recordo desta data tan especial, o día do pai”.
Paleo anima “a mercar no comercio local todo o que precisamos para o día do pai, para os Pepes e as Pepitas e a celebralo na hostalería de Foz”.
A campaña foi presentada polo presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, que estivo acompañado polo alcalde, Fran Cajoto, e pola concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
Acia Foz-CCA organiza a campaña do día do pai coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.























No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



