A tenente de alcaldesa socialista, Carmen Veiga, promove un curso de formación para persoas con discapacidade en colaboración coa Fundación ONCE
Lugo, 6 de marzo de 2026. As e os socialistas de Lugo puxeron en valor a iniciativa impulsada pola tenente de alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais de Barreiros, Carmen Veiga, que vén de anunciar a posta en marcha dun curso de formación orientado a reforzar as políticas de inclusión e igualdade de oportunidades a través da inserción laboral das persoas con discapacidade.
Dende o PSdeG destacan o traballo desenvolvido por Veiga á fronte da área de Servizos Sociais, desde onde promoveu este curso de vendedor/vendedora de estacións de servizo en colaboración coa entidade Inserta Emprego da Fundación ONCE, unha acción formativa pensada para ampliar as oportunidades profesionais das persoas con discapacidade de Barreiros e da súa contorna.
“Esta iniciativa nace cun obxectivo claro: que as persoas con discapacidade do noso concello e da contorna poidan ampliar o seu perfil laboral e gañar novas habilidades sen ter que facer longos desprazamentos. Queremos que o talento se quede na casa e que a nosa veciñanza teña todas as ferramentas para atopar un emprego digno e de proximidade”, sinalou Veiga.
Dende o PSdeG provincial subliñan que esta actuación exemplifica o compromiso do socialismo co desenvolvemento de políticas públicas que promovan a inclusión, a diversidade e a igualdade real de oportunidades. Neste sentido, destacan o papel de Carmen Veiga como unha das referentes do municipalismo socialista, impulsando desde a súa responsabilidade institucional iniciativas que poñen ás persoas no centro da acción política e contribúen a construír concellos máis xustos, accesibles e con máis oportunidades para toda a veciñanza.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



